sábado, 27 de febrero de 2010

Unha con xeo por favor...


Sábado 27 de febreiro de 2010. Punto de reunión: estación central de Lund. Destino: Malmö. Partimos coa mochila ó lombo para pasa-lo día en Malmö. Mochila? E para que? Pois aquí téde-la resposta:


A temperatura da auga era á hora do baño, e como se pode ver na figura adxunta, de +2ºC.

Podo asegurar sen temor a equivocarme que nunca na miña vida pasara tanto frío (sobre todo ó saír), mais abofé que mereceu a pena. Non tódolos días se baña un rodeado de xeo. "Que me quiten o bailado..." que diría o outro. Outra experiencia máis para recordar deste ano inesquecible que estou a vivir.

PD: Papá, mamá, estou ben, tranquilos. Por agora aínda non hai síntomas de enfermidade. jaja.

PD2: Aínda que quixen aguantar un pouco máis de tempo na auga, pódovos dicir que era moi difícil. Uns cantos segundos abondaron para que xa empezase e non senti-lo meu corpo. A tarefa de secado, por suposto, correu á conta dos acompañantes, pois eu xa non podía mover nin senti-las mans...

9 comentarios:

  1. ¿Quedaches sen bombona non?
    Lamento dicirche que iso non computa como baño... unha vez aí tiñas que ter metido a cachola! jaja

    ResponderEliminar
  2. Pero iso computa como adestramento ou non?

    ResponderEliminar
  3. Xa apuntabas maneiras despelotándote diante do museo etnográfico sueco en Estocolmo...

    ResponderEliminar
  4. Juanzi, si aguantaras un poco más en el agua lo que tendriamos ahora es un "polo de juan" jeje

    ResponderEliminar
  5. Vaite mirar a gorxa, ou mellor a cachola. O "suequismo" estache a afectar á cachola. jejeje.
    Creo que xa estás preparado para tomar parte nunha aventura que temos planeada para este verán nas nosas augas. O Rodri anda planeando algo grande.

    ResponderEliminar
  6. Ti estás mal da cabeza meu home!! jajaj

    ResponderEliminar
  7. Aínda me doen os pés...

    ResponderEliminar
  8. Acabo de lerme todo o blog do tirón dende o principio (comentarios incluidos).... impresionante.

    Eres bo neno, eres bo... diríache o que che din todos pero xa cho direi noutras entradas que acabas de ganar outro lector.

    Un abrazo e cóidateme carallo !

    PD. O profesor de "sentidinho común" era Pataca, non ? jajajajaj

    Manolinho

    ResponderEliminar