miércoles, 24 de febrero de 2010

Berlín e a sorte de ser escandinavo


Coma o fillo pródigo que volve á casa, esta fin de semana viaxei a Berlín. E volvín a ese "desorde organizado" que dous veráns atrás fora a miña casa. A simple vista, todo estaba como eu o deixara; todo baixo control. Unha fina e esvaradiza capa de neve cubría aquela cidade que, tempo atrás, me sorprendera co seu caloroso verán (abofé que cambia unha cidade dependendo na época na que se visite). Parecía que fora onte a última vez que pisara esas rúas. Como pasa o tempo meu Deus!...

E posto que de reencontros se trataba, alí atopeime con algúns vellos amigos que compartiran aulas comigo tempo atrás. Entre eles: Alsou, principal artífice da miña visita a Berlín e que me acolleu moi amablemente baixo o seu teito. Situación curiosa canto menos a nosa: unha rusa que lle fala en francés a un galego que responde en inglés...

Atopeime tamén con Rasmus, un danés que se mudara coa súa moza suíza á capital alemana, cidade onde se coñeceran durante o curso de alemán no que eles tamén tomaran parte. Deume unha aperta e díxome:

-Old buddy pal! Moving back to Copenaguen in two weeks! Finally neighbors!
-Why? You kidding me?

Dixo que non aguantaba máis; que a vida en Alemaña era moito máis difícil que en Dinamarca:

-Man... since I got here I realised how lucky I am being scandinavian... Everything is so easy up there! Come on... You are rich even being a student!
-[...]
-Now I got the job of my dreams so I am coming back... I really have to! And with my paycheck there I can come back to Berlin once per week if I want to... because of course I still love this city!

Pode parecer Rasmus de boas a primeiras un pouco farfallán, pero pódovos asegurar que non é así. Como xa dixen algunha vez, a vida pinta moito máis sinxela por aquí polo norte... pero moito máis! Isto non fixo senón confirmar unha vez máis o que levo vendo dende hai 5 meses. E deume a razón de novo unha imaxe vista no aeroporto de Copenague de volta á casa: centos (pero centos de verdade) de familias con equipaxe de neve para disfrutar das súa Sports Week. Sobran os cartos...

E así pasou a fin de semana; entre re-turisteo e longas parolas con amigos cos que afortunadamente din mantido o contacto tras todo este tempo. Porque como me teredes oído moitas veces... viaxar é unha das mellores escolas e a mellor forma de coñecer xente!

PD1: Papá, mamá; aínda que do alemán non me lembraba moito, a cidade coñecíaa coma a palma da man; así que a miña estadía alá non foi tan en balde...

PD2: Como a mentalidade escandinava aínda non callou en min de todo... andei toda a fin de semana no metro sen merca-lo ticket. Simplemente aferreime á "fórmula universal" do... "malo será!". E abofé que houbo sorte...

3 comentarios:

  1. Situacións moi curiosas, xa vexo, xa...canto de curiosa!? Moi bo o tema de sobran os cartos, partinme. O do metro, home, penso que non é propio de ti andar facendo españolitadas desas, axústaseche máis o perfil nórdico ou iso cría ata agora...

    ResponderEliminar
  2. jajajajajajajajajajajaja
    moi bo o de recurrir a fórmula universal!!sorte q tiveches!!!


    ten dito túa prima que non es mozo de namorarse, pero eu vexote namorado do pracer de viaxar, e máis ainda, do norte (idea que eu comparto e iso que non estiven tan ao norte coma ti..jejeje) e das cidades nas que vives as túas aventuras!!eso é moi bo porque se ve que te fai feliz!!

    coma sempre...disfruta todo o que poidas!!!

    un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Grande Juanzinho!!!
    Son Iván Carbia (e que non estou rexistrado)Como lle bouras, eu tammén estiven en Berlin fai uns días e mola moito, pero por certo, que facias ti enrriba dos penedos do monumento os Xudeus, non se pode subir!!!, carallo e ben certo oh, a cabra tira o monte jajajaj, saudos

    ResponderEliminar