domingo, 7 de febrero de 2010

55 mentiras sobre a lingua galega


O venres pasado presentouse en Copenague, ó mesmo tempo que noutras 68 localidades espalladas arredor do mundo enteiro (principalmente en Galicia por suposto) o libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Está escrito por membros de Prolingua, autodefinida como unha "plataforma apolítica creada por persoas de moi diversa ideoloxía e profesión que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia (e das comarcas estremeiras) e a consecución da súa oficialidade real, que pasa por unha presenza normal en ámbitos dos que se mantén practicamente excluída, como a empresa, a xustiza e outros servizos públicos e privados, especialmente os medios de comunicación".

"Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude á sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade. Co gallo de ofrecer unha análise dos prexuízos máis comúns que difunden os negacionistas do idioma, sae publicado este esperado libro útil, unha obra rigorosa que, paseniño e cun ton distendido, avanza até desmontar por completo, unha por unha, as principais falacias que ao correr da historia se veñen vertendo sobre a lingua galega, facendo fincapé naquelas que, por diversas razóns que tamén o libro pon de relevo, a día de hoxe teñen un maior calado na sociedade. Xa que logo, podemos falar desta publicación como dunha reacción organizada, limpa e contundente contra as difamacións daqueles que, por complexo, mesquindade ou ambas as dúas cousas, só buscan o esmorecemento da lingua propia de Galicia, o galego".

Aínda non tiven tempo de lelo, polo que non podo comenta-las miñas impresións, pero esperando está na miña mesiña de noite e abofé que pronto o farei.

Porque como escribín alá polo mes de novembro; o idioma non debería de ser unha arma política coa que enfrontar á sociedade. Encántame ver cando xente de diferentes orientacións políticas defenden o idioma, porque o galego é moito máis importante ca calquera ideoloxía. Reafírmome no dito e repito: eu son galego, e español tamén; e estou orgullosísimo de fala-los dous idiomas... pero hai que fala-los 2! Non son excluíntes! E ogallá puidese falar moitos máis dos que falo...

Así que, polo amor de Deus... deixémonos de andrómenas e de tonterías e pensemos un pouquiño coa cabeza... Como dicía un profesor meu... "Sentidiño común meu neniño..."

4 comentarios:

  1. Xa non es radical como eras cando estiveches por Australia...decepcionáchesme...XD
    " e español tamén"...que é iso??? jaja. A ver se me consegues outro exemplar para min.

    ResponderEliminar
  2. Estante voltando tan sueco que ata xa non es tan radical, estou con Alberto. jeje
    Xa oíra falar do libro, a ver se me fago con el que van sendo horas de atopar algunha verdade entre tanta merda-mentira.

    ResponderEliminar
  3. Anda con cuidado que igual no te dejan volver a casa os rapaces!

    ResponderEliminar
  4. no meu concello tamén se presentou

    ResponderEliminar