O comezo desta historia data de alá de principios do mes de xaneiro. Como se os case 40 graos de diferencia de temperatura entre e Australia e Suecia non abondasen por si sós para manterme "apirolado", a conversación durante a hora do café no primeiro día trala miña volta acabaría de rematarme.
Estaba agardando na liña coma sempre para servirme o meu café (står i kö que din os suecos) cando de súpeto un profesor achégase a min e dime:
-Hi Juan! Happy new year! You are so tanned! You had a blast in Australia hadn't you?
-Oh yeah! Definitely! It was awesome! Unforgettable experience!
[...]
-Can I ask you a favour?
-Yeah, sure!
-Would you mind to teach a "dinamics of structures" lecture?
-WHO!? ME!?
-Yeah... I'll give you a topic and you will have to explain it relating it with your Master Thesis.
[...]
Pois iso... que se supoñía que tiña que dar unha clase na universidade... e por suposto en inglés.
---
Foros días duros os previos á clase navegando entre libros e borradores de presentacións en PowerPoint, pero por fin o 18-F chegara, día do meu debut como "profesor" na universidade.
Cheguei á clase e entrei. Por diante, dúas horas para falar e explicar entre Peter e eu (cada un a súa parte) o que non sen esforzo prepararamos. Conectei o proxector e coloquei a primeira transparencia para que todo estivese preparado cando os estudantes chegasen; crucei de brazos. Eran intres de confusión e inseguridade e só pensaba no momento de marchar pola porta a través da cal acababa de entrar cun "éxito" debaixo do brazo.
A xente foi entrando. "Vinde vindo!" pensei para min. Arredor de 25-30 persoas espalladas arredor dunha aula non moi grande. Podía apreciar nas súas facianas que polo menos máis da metade deles eran maiores ca min. Sentíame observado. Intercambiei miradas con algún deles buscando acubillo nalgún dos seus sorrisos. Coma bos nórdicos: impasibles. Baixei a mirada e remexín no medio dos papeis deixando que o tempo pasase.
Presenteime e sen dubidar nin un instante comecei a falar. Notei como ós poucos segundos de empezar unha inxección de calma e confianza percorría o meu corpo dándome azos. Ben! O idioma parecía non ser unha barreira. Aínda que non tan correcto como o faría en galego ou español, falaba "de corrido" e fluido. As caras atentas e as frecuentes preguntas interesantes facíanme ver que todo ía mellor do que esperaba. A confianza aumentaba máis cada vez que conseguía responder cada unha das dúbidas dos alumnos. As cousas estaban a saír ben!
E ben como empezaran as cousas así remataron. E co remate; o mellor premio que podía esperar: un forte aplauso e a noraboa do profesor da asignatura (dinamics of structures). E así foi a miña experiencia como "profesor" na universidade. Quen sabe!, ó melloe non é a última...
Este é o primeiro paso na carreira para alcalde de Lund, estou seguro. Noraboa crack!
ResponderEliminarjejejejeje
ResponderEliminarseguro que non é a última!!
noraboa!!!
;)
Que grande, o profesor Negreira continúa ca saga familiar da ensinaza.
ResponderEliminarNoraboa!
Saps, hi ha una dita en català que diu: "No diguis mai a un mai" ( sería: no digas nunca a un nunca).
ResponderEliminarAsí que ya sabes, una opción más a contemplar.
cuchiño di...
ResponderEliminarfalabas de corrido? jeje
eu tamen falo castelano de corrido... ahora como profesor que eres ao chegar aquí encargoche eu unha exposicion sobre a gatinga sueca así que vaina preparando...
Sabes que me sinto orgullosa de ti, verdade?
ResponderEliminarSabes que cando empecei a ler xa tiña a certeza de que todo saíra ben, verdade?
Sabes que penso que esa non vai ser a última clase que deas, verdade?
hai que ver cantas cousas sabes, non sei por que me empeño en repetirchas!
Noraboaaaa