miércoles, 17 de febrero de 2010

Coffee break?


Era venres, e coma todos, pouca xente na universidade. Opostamente ó que eu pensaba, aquí en Suecia trabállase moito menos tempo efectivo que no noso país, pero curiosamente a "productividade" é maior. É raro o día que hai xente traballando nos seus respectivos despachos máis alá das 5 da tarde... A vida pinta moito máis sinxela por aquí polo norte...

Pois ben, como ía dicindo; ese venres -e coma tódolos días ás 10 da mañá e ás 3 da tarde-, David -o meu compañeiro de despacho- e máis eu recibímo-lo aviso dos nosos veciños de habitación para ir a toma-lo café. Desta volta, no canto de pronuncia-la palabra "Coffee!", escoitamos:

-Beer!!!
-What!? -contestamos David e máis eu ó unísono-
[...]

Dito e feito. Mochilas ó lombo encamiñámonos a un bar onde os 4 pasamos toda a tarde entre risas e contos. Levárame o meu tempo chegar a coñecelos e coller confianza, incluso dándoo por imposible repetidas veces ante a dificultade para "rompe-lo xeo". Pero mereceu a pena. Agora son un máis entre eles tanto nas horas dos cafés como nas comidas, festas, etc.

Cancelei tódolos meus plans que durante toda a semana organizara con coidado e mimo para tentar á sorte e á improvisación. Tras insistentes invitacións uninme a eles para cear e posteriormente ir a unha festa nun piso: 12 suec@s e máis eu (por suposto e como dixen na anterior entrada todos falando en inglés para que eu me sentise benvido).

E alá estivemos ata as 3 da mañá, hora na que voltei cara a casa coa mochila ó lombo pedaleando como boamente podía entre a esponxosa neve; e demostrando unha vez máis que moitas veces o improvisado sae moito mellor có planeado; e que as festas con xente sueca son moito mellores que calquera outra...

4 comentarios:

  1. Pois machiño, se ti non es capaz de rompe-lo xeo, a ver quen o é...jaja

    ResponderEliminar
  2. o do traballo e a productivadade creo que é unha cuestión misteriosa do norte máis alá do noso norte...

    ResponderEliminar
  3. Misterioso é o que pasaría nesa festa sueca. jeje. Segues co Master en rompe-lo xeo, despois desas prácticas aí serás un experto no resto do mundo.

    ResponderEliminar
  4. Creo que lo de cambiar el "fika" por "öl" no les importa demasiado pero claro, así acabó el viernes... aunque tiene mérito acabar con todos del país...

    ResponderEliminar