miércoles, 27 de enero de 2010

...and finally I came back


-Riiiiiiiinggggg!!!, Riiiiiiiinggggg!!!
-What's that David? -pregunteille ó meu novo compañeiro de despacho-
-It's the fire alarm. It goes off sometimes; don't know why. But don't worry. Nothing happens.
-Ok! So let's stay here.
-NO! No way! We gotta go out!
-But why? You just said that nothing happens...
-These are the rules. We just have to go out. Walk and don't ask. It's like is supossed to be.

E si... alí estabamos baixo a neve cerca de 400 persoas diante da porta da V-Sektionen esperando a que alguén arranxase esa alarma de sonido estridente que non era a primeira vez que saltaba por equivocación. Pero de todas formas, si... alí estabamos todos obedecendo ordes e normas como bos suecos que somos!

Foi este un dos primeiros detalles que me confirmaron, por se aínda me quedaba algunha dúbida, que xa estaba de volta en Suecia. Isto e máis por suposto, o groso velo virxe e branco que a modo de mantel cubría (e cubre 2 semanas despois) toda a cidade. Este foi o meu recibimento:

Despois da que foi sen dúbida a mellor viaxe da miña vida; era tempo para disfrutar un pouco da familia e dos amigos que tanto botara e boto de menos a diario. Tres días en Santiago non serviron para máis que agobiarme indo dun lugar cara outro tentando saudar e visitar á maior cantidade de xente posible. De todas formas, como di o outro... "menos dá unha pedra!". Iso si; serviron para carga-lo carro de "mimos" outra vez.

E agora aquí estou de volta, na miña cidade adoptiva, intentando (como dixo Alberto nun dos comentarios do blog) "obsequiarvos cunha redacción sobre a chegada do fillo pródigo ó paraíso dourado de longas palmeras cubertas de neve branca volvendo a verse acurralado por tales entes rubios que, tal fino pó branco, desencaixan e humedecen a boca do famento"...

O salto dunha parte a outra do mundo tróuxome non só unha diferenza de case 45ºC de temperatura e unha forte caída na bicicleta debido á neve, senón tamén a volta ás responsabilidades diarias, pequenos agobios e demais tarefas. Reunións, presentacións, prazos, entregas e tamén por suposto tempo libre que sempre deixa momentos inesquecibles vólvenme á "normalidade" dos últimos 4 meses nesta cidade nórdica na que felizmente vivo.

E así remata o meu curto relato do meu regreso a terras escandinavas, esperando por moitas máis historias para contarvos como boamente saiba. Ata a próxima!


PD: A rede de voleibol que teño na parte de atrás na casa parece agora (debido á neve) unha de tenis...

PD2: Engado a posteriori esta captura de pantalla do día 30 de xaneiro de 2010.

6 comentarios:

  1. Benvido de novo amigo!
    Seguro que coas lembranzas aussies na cabeza ese proxecto sae caralludo.
    Moito ánimo! e xa sabes, hai que poñerlle neumáticos de inverno á bici. jeje

    ResponderEliminar
  2. Xa vexo que volves ter o cú fresquiño! A ver se chega pronto o vran. Como vai o proxecto? Xa para entregar? Unha aperta!

    ResponderEliminar
  3. Juan!!! Moitas gracias por facernos 1 oco nesa visita fugaz!!! A darlle duro a ese proxecto e cuidado coa neve q é moi bonita pero á vez é moi jodida!
    Bikos e esperamos volver a verte moi pronto por aqui!!!!
    Marta Noya.

    ResponderEliminar
  4. Non me das pena ningunha por moito frío que faga por ahí, ti buscas durmir o quentiño... jaja
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. -19º?? Boh! Eso non é nada!

    ResponderEliminar