Alí, outro Ford Falcon XR6, desta vez maquillado en gris escuro, espéranos para conducirnos ata Hervey Bay, punto de partida da nosa última aventura australiana.
--
Impuntualidade: o diccionario da Real Academia Española define esta entrada como a “falta de ciudado y diligencia en llegar a la hora convenida”
Din que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. E efectivamente así é (eu puntualizaría e diría mellor “que polo menos tropeza...”).
Coitado de min cando pensaba que me contaxiara da puntualidade sueca. Abofé que non! Fora só un espellismo. O reencontro cos meus amigos conducírame outra vez ó lado escuro do vicio da impuntualidade (Berto non estou culpando a ninguén...).
Confiados, decidimos visita-la cidade de Brisbane antes de dirixirnos ó briefing ou charla informativa do tour que iamos facer ó día seguinte. Cando acordarmos, 450km distaban de Herbey Bay e só 3 horas de marxe. Mediante unha sinxela lei física, chegamos á conclusión de que non seriamos capaces de manter unha velocidade media de 150km/h durante todo o traxecto, polo que, como é obvio, chegamos unha hora e media tarde ó noso destino.
Se por algo se caracterizan os australianos é pola súa amabilidade. Tras insistir un pouco e contar que o retraso non fora culpa nosa senón dun accidente na autopista, o servicial recepcionista deunos a charla informativa en exclusiva para nós para que así non perderamos a nosa viaxe o día seguinte. Cheers mate!
--
Camping-gas, tendas de campaña, frigoríficos portátiles, sacos de durmir, compra para 3 días e demais material de supervivencia necesario acompañábannos a bordo daquel 4x4. Fraser Island, a illa de area máis grande do mundo esperábanos. Tres días e dúas noites para percorre-los seus 125km de longo no que sería a nosa última aventura nas antípodas.
Podería resumir estes tres días coma os máis aventureiros da miña vida no sentido estricto da palabra. Supervivencia en estado puro: durmir no chan, sen ducharse, cociña á intemperie, ausencia de calquera signo de civilización, conducción por corredoiras perigosas rodeados de vexetación tropical, animais... É dicir, tres días que puxeron a guinda perfecta a esta inesquecible aventura australiana.
Aquí van algunhas imaxen a modo de resumo, así coma un vídeo dende o interior do 4x4.
Que grande chavales!alégrome de que o pasarades ben. Temos que falar un día, que ó final nn coincidimos en stgo. Bña que sexa leve a volta ás temperaturas polares. unha aperta
ResponderEliminar"Oe,deitao vaise maravilla"
ResponderEliminarQue grande Juanzinho! Non me canso de ver os videos e rememorar todas as hazañas e machadas que dixemos e fixemos.
Moitas gracias por todo. Abofé que non será a última experiencia que vivamos xuntos. Cando a carteira engorde un chisco acéptanse ideas para novos destinos.
PD: todo é computable nesta vida, sobre todo cando se fai en "buen lugar y mejor compañía"
Eu quedaría con "mira vaia peidos" e outras frases pronunciadas polo benxamín do grupo durante o vídeo, ademais de que a entrada moloume moito. Quizais tamén porque o vivín en primeira persoa.
ResponderEliminarPor certo, como é que define a RAE "impuntualidade"? Non sabía que chegara a tal punto que incorporara léxico galego.
Digo isto sobre todo dende o que me pasou onte. Nunha conversa con ingleses, unha española, un galego e eu, despois de dirixir unhas palabras en galego ó meu colega galego, a española comentou:
- It's funny when you speak like this, that it's not pure spanish...
Cada un que reflexione. Só un matiz. Non me gustan os estereotipos, pero a rapaza é de Valladolid.
Que vos parece?
De onde é? De Fachadolid? E que esperabas logo meu amigo? Falando en "pure spanish" como di ela... "no le pidas peras al olmo"...
ResponderEliminarUnha aperta!!!