viernes, 1 de enero de 2010

Feliz ano 2010!


Dous tours foron os encargados de levarnos dende a cidade de Adelaida ata Melbourne. En primeira instancia desviamos un pouco a "ruta lóxica" para dirixirnos a Kangaroo Island, e posteriormente visitámo-las montañas The Grampians e a Great Ocean Road ata chegar ó noso punto de destino.

Natureza, paisaxes incribles, amigos, risas, carreiras detrás de canguros, e algunha que outra liorta cunha "belga tocacollóns" que viaxaba con nós no tour volveunos a deixar desta vez outra experiencia inesquecible que podemos plasmar de forma resumida nestas instantáneas.





Volta a Sydney na véspera de fin de ano e oportunidade para disfrutar da mítica imaxe que nos acompaña nos telexornais de mediodía nesta data. Entre a multitude conseguimos facernos un oco e situarnos nun lugar no que puidemos observa-lo espectáculo pirotécnico dende unha posición envexable... Just awesome!


Dende as antípodas quero desexarvos a todos un ledo aninovo 2010!

Happy new year 2010 from down under!

2 comentarios:

  1. Feliciano está ben, pero vai sendo hora de que nos obsequies cunha redacción sobre a chegada do fillo pródigo o paraíso dourado de longas palmeiras cubertas de neve branca...Que sente un cando volve a verse acurrulado por tales entes que, tal fino po branco, desencaixan e humedecen a boca do famento.

    ResponderEliminar