Din da infancia que é unha época inesquecible, marabillosa, unha desas etapas que deixa pegada e que te marca para o resto da túa vida. E a miña foina sen dúbida.
Coma todo cativo; a min tamén me gustaba o fútbol. Eu tamén era un daqueles rapaces que intercambiaba cromos día tras día no patio do colexio ata completa-lo ansiado álbum. Esa paixón polo deporte que din rei xunto co gusto pola música, facían dos partidos entre seleccións internacionais un acontecemento especial á par que chamativo para min. A combinación música/deporte facía que non me conformara con chegar para ve-lo saque inicial, senón que un par de minutos antes eu xa me atopaba pegado á caixa tonta para escoita-los himnos nacionais dos respectivos países. Canto menos, curiosa afección que confeso que aínda hoxe en día conservo.
De entre tódolos himnos nacionais, había un que me chamaba especialmente a atención: o ruso. Melodía sobria, autoritaria e pegadiza que penetraba a través dos meus oídos, escorregaba polo meu interior e producíame un calafrío. Mantíñame atento sen pestañexar como se dun tranqulizante se tratase. Aquela correlación de sons que engarzaba nota tras nota de forma sinxela marcárame sen saber por qué, ata o punto de crear un lazo de simpatia cara ese pais. Preguntábame inocente eu cativo cómo sería vivir nun país cun himno tan bonito, do que as fotos delataban extrema beleza. Viaxar a Rusia converteuse polo tanto, xa tempo atrás, nunha asignatura pendente que agora, anos despois, farei realidade.
Realizarei unha viaxe por Suecia, Finlandia e Rusia durante 13 días; viaxe organizada por unha asociación de estudiantil. Os viaxeiros serán 120 estudiantes universitarios de toda Suecia, polo que o bo ambiente, a priori (e esperamos que así sexa), está asegurado. Aquí adxunto o planning deste Road trip.
- Sábado 31 de outubro - martes 3 de novembro:
Desprazamento a Estocolmo, para disfrutar da capital sueca pola nosa conta, unha das cidades máis bonitas que ata agora teño visitado.
- Martes 3 de novembro:
Logo de disfruta-los últimos momentos en Estocolmo, colleremos un barco que nos levará facendo noite nos seus camarotes ata Helsinki.
- Mércores 3 de novembro:
Chegada a Helsinki pola mañá e tempo para visita-la capital finlandesa.
- Xoves 5 de novembro:
Almorzo no hotel e viaxe por estrada en autobús ata San Petesburgo, onde chegaremos arredor do mediodía. Tempo para visita-la cidade.
- Venres 6 de decembro:
Segundo día de turismo en San Petesburgo. Pola noite faremos noite nun autobús de camiño a Moscova.
- Sábado 7 de decembro:
Chegada a Moscova á mañá e tempo para disfrutar da vila.
- Domingo 8 de decembro:
Visita organizada ó Kremlin. Á noite volveremos para San Petesburgo de novo facendo noite no autobús.
- Luns 9 de novembro:
Chegada a San Petesburgo pola mañá e visita guiada pola cidade. Tempo libre ata a noite, que a pasaremos nesta cidade.
- Martes 10 de novembro:
- Mércores 11 de novembro:
Chegada a Lund.
É máis que probable que o blog estea abandonado ata que volva, pois o acceso a internet estará máis que limitado por dificultades técnicas obvias. De tódolos xeitos, espero que á volta poida contar tódalas curiosidades e detalles máis salientables da viaxe dun modo resumido e ameno.
Un saúdo: Хуан Негреира Монтерo
(así di o meu visado que se escribe o meu nome en ruso)
Envexa, baba resbalando pola miña faciana.
ResponderEliminarQue ben estarás amigo. Agardaremos a volta por unha desas crónicas que nos fan sentir un pouco máis preto de ti.
Desfrútao
Seguro que é o himno o que máis che gusta de Rusia, seguro...Recordando a famosa pregunta, que sabes ti de Rusia ademais de que é un país moi bonito cunha xente moi simpática?
ResponderEliminarNon paras quieto!!!!!
ResponderEliminarespero relato detallado a tu regreso a Lund.
ResponderEliminarAhora estarás en San Petersburgo, qué envidia Juan...
Disfruta mucho y abrígate!!! Un besazo grande
Teño que dicir que na miña oficina o tipo que está ó lado miña e un ruso chamado Dmitry Grushkin ou algo parecido, que probablemente sexa unha das personas mais raras que coñezo...en conclusión: respeto ese país.....
ResponderEliminar