sábado, 3 de octubre de 2009

"Never have I ever..." : Malmö party


Presas habituais e volta á normalidade. A puntualidade do primeiro día de clase fora só unha casualidade ou un quizais máis ben un exceso de responsabilidade que non sei se se repetirá moi a miúdo. Saín da facultade apurado e tras unha visita fugaz ó supermercado Willy’s pasei pola casa para acicalarme. Ducheime e enfundei o traxe de luces nun abrir e pechar de ollos para dirixirme á estación na miña bicicleta como se dunha contrarreloxo se tratase e colle-lo tren das 19:10 con dirección a Malmö. A invitación recibida por parte de Annika a principios de semana fora irrexeitable: “We will have a pre-party in one of my girlfriend’s house and then we’ll go out. Wanna join us?”. Que podía dicir? “Of course I will! I would love to!”

...

Puiden ver ó lonxe pola venta do autobús a Annika antes de que éste parase xusto onde quedaramos de atoparnos. Alí estaba ela cuberta por unha chaqueta que servía ó mesmo tempo de minisaia. Resultado: primeiro envenenamento transitorio e por suposto non o último da noite. Fundímonos nunha aperta e dirixímonos cara a casa dunha das súas amigas mentres recordabamos entre risas o intercambio no que ela participara co meu colexio facía 6 anos. “Six years!? Oh my God, time goes by so fast...” Apuntou ela. E non lle faltaba razón; aínda parece que foi onte cando aquela bandada de rubias entrou polo patio da Salle adiante ante a mirada atónita de todos nós. Ela continuaba falando sen parar, pero a miña cabeza desconectaba por momentos e imaxinaba cousas...

Chegamos ó lugar en cuestión e petamos á porta. Recibiunos moi amablemente un matrimonio que, para a miña sorpresa, non falaba inglés (posteriormente enteraríame de que eran de orixe Macedonio). O seu sorriso delataba hospitalidade e complicidade, polo que non dubidei en devolverllo. Parco en palabras, tratei de explicar no meu básico sueco o contento e agradecido que estaba de poder estar na súa casa.

Quitámo-los zapatos e acompañados por Anastasia (amiga de Annika e filla do citado matrimonio) dirixímonos á parte de atrás da vivenda onde xa estaba todo preparado: mesa, pinchos, música... todo excepto bebida; xa que en Suecia sempre que se vai a unha festa cada un leva a súa bebida.

Xa coas presentacións formais realizadas sentámonos á mesa mentres esperabamos pola chegada dos outros. Fun sometido a unha batería de preguntas na que por suposto non faltou a arquirrepetida pregunta que me fan case tódalas persoas coas que falo: “Why do you come to Sweden? Spain is really nice and you have a great weather over there!”. Tentei explicarlles que España non todo é bo tempo e festas, aínda que puiden ver na súa cara que non as convencera.

Os invitados chegaban a poucos ata que finalmente nos xuntamos todos: seis mulleres e dous homes (contando comigo). Non podía pedir máis; bo ambiente e mellor compañía.

Como se do comezo das rebaixas se tratase, abalanzáronse todos cara o frigorífico a coller cadansúas pertenzas e comezaron a beber e a comer sentados ó redor da mesa cunha agradable música de fondo e unha amena conversación en inglés para que eu tamén puidese intervir.

Eu non era capaz de saír do meu asombro; ó outro lado da porta de cristal que delimitaba a estancia na que nos atopabamos estaban os donos da casa e pais de Anastasia vendo a televisión e asistindo ó mesmo tempo como espectadores de luxo a un botellón estilo sueco. Miraba de esguello de vez en cando para o cristal, pero a naturalidade coa que estaban acontecendo as cousas indicábame que non era a primeira vez que asistían a tal evento.

 ...

Punto álxido da festa e tempo para o “Never have I ever”, ou o que é o mesmo; a versión inglesa do “Yo nunca he...”. Como se dun tormenta de ideas se tratase, milleiros de preguntas comezáronme a vir á cabeza. Tras unhas primeiras rondas mansiñas que serviron como entremés, comecei a subi-lo listón. Era realmente a miña oportunidade para contrastar estatísticas e comprobar tópicos. “Como quen non quere a cousa” atrevinme a preguntar: “Never have I ever made a threesome”. Sorpresa! Entre gargalladas e miradas cruzadas puiden comprobar que das sete persoas que tiñan que responder, seis fixérono de forma afirmativa. Qué podo dicir...

Outras rondas e atrévome a preguntar de novo: “Not counting the threesome before mentioned...Never have I ever had an experience with a person from same gender”. Tres de seis respostas afirmativas. “Not bad my friend, not bad”

Fin do xogo e polo tanto da pre-party. Chamada ós taxis e dirixímonos ó centro de Malmö. Destino: discoteca Étage. Na porta da mesma, un detector de metais digno do aeroporto máis seguro. Quito o cinto e as cousas metálicas que levaba no peto e cruzo o escáner, pero a pesares de non salta-la alarma cachéanme. “It’s OK, you can get in”.

Miradas clavadas en min. Un séntese ben ó se-lo diferente da discoteca: o máis moreno, un dos máis baixos, e por suposto o que máis miraba para tódolos lados. Aquel rabaño de rubias era incrible! Bailes, charlas, etc etc. Así pasou a miña primeira noite de festa en Suecia.

E recordade...”What happens in Sweden stays in Sweden”

4 comentarios:

  1. Moita xente estaba esperando esta primeira entrega de peripecias suecas reais, non é que o resto estivera mal...pero esto está algo mellor. Penso que falo en nome de toda esa xente cando digo que na próxima tes que entrar máis en detalle. Veña un saúdo

    ResponderEliminar
  2. despois dun ano convivindo con suecos e suecas, o único q m sorprende é... en serio falas sueco, tío??????

    olaia

    ResponderEliminar
  3. Miña nai, gustariame poder ter un escaner da mente de Juan a tempo real cando estaba nesa festa,... como ía a desfrutar! jajaja

    ResponderEliminar
  4. Juanzinho só podo dicir unha cousa...
    ERES GRANDE TIO!!!mira que facer esas preguntas na primeira toma de contacto...
    Forza coas chinchetas...jajaja
    bikos e apertas.

    ResponderEliminar