Sorprendentemente, cando cheguei á facultade, eu era a única persoa que se atopaba diante da clase P2. Tras 5 minutos e sorprendido pola impuntualidade sueca, unha mestura de cabreo e intranquilidade tomou o meu corpo. Levantarse ás 7 da mañá para vir aqui e non ter clase!?... As dúbidas comezaron a martelar na miña cabeza, polo que decidín ir a preguntar e cercionarme se realmente estaba esperando no lugar correcto, como así era.
Eran aproximadamente as 8 e 10 cando a xente comezou a aparecer. Entraron un a un moi ordenadamente, como se de máquinas programadas se tratasen. Sen querer facer moito “ruído”, collín a última posición nesa improvisada cola. Entrei e senteime na terceira fila dunha clase non moi grande na que me chamaron a atención nada máis entrar unha máquina de café e un fregadeiro que había ó fondo da mesma. Miradas clavadas en min e murmurios. Notábao; era o novo e eles sabíano.
Eran arredor as 8 e 15 cando entrou a profesora. O seu saúdo enérxico e amable foi contestado o unísono por tódolos alumnos nun acto digno de calquera coro. Simplemente impresionante.
Abraiado pola “falta de seriedade” dinme conta posteriormente falando cun compañeiro de que realmente non existía tal impuntualidade. Debido a unha tradición histórica, tódalas clases comezan ás e cuarto e non ás horas en punto. Por que? Pois parece ser que antigamente, cando os reloxos brilaban pola súa ausencia e non eran un ben de uso extendido, a xente saía da casa ó escoita-lo reloxo da catedral. Ó ser Lund unha cidade pequena, o tempo medio de desprazamento entre dous puntos calquera da mesma en bicicleta é de aproximadamente 15 minutos, polo que a xente sempre chegaba a tódolos lugares 15 minutos despois de que sonara o reloxo da catedral.
Mentira? Non o sei, pero se as clases empezan a e cuarto como así é, a lenda ten sentido e ata pode ser que sexa verdade.
Os primeiros minutos de clase foron totalmente desaproveitados; eu non daba crédito ó que alí estaba vendo: á miña dereita un rapaz tomando café, á miña esquerda outro lendo o periódico, un na fila de adiante que responde ó telefono móbil e sae da clase para falar, outro descalzo cos pés na silla do lado, unha rapaza que come unha mazá... E mentres tanto, o profesor explicando! Abraiado como estaba, pronto me din conta de que o “rollo sueco” é totalmente diferente ó noso: clase lenta con tempo abondo para copiar, preguntar ou incluso falar co compañeiro, na que se percibe un enfoque moito máis práctico ca no noso país.
Ó final da clase, a profesora tivo a grandiosa idea de presentarme en público diante dos meus compañeiros: “This is Juan, a spanish student who is doing his master thesis this year in Lund. Since he has already done all his courses back in Spain, he is not supposed to take any here. Anyway, we think that Buiding acoustics could be really useful for his project, so that’s why he is here. He is not doing any exam but he can help some group with the final project you have to do. Does any group want Juan’s help?”
Non sei se era unha pregunta retórica ou non, pero ninguén levantou a man: silencio sepulcral como había moito tempo que non sentía. Ó mellor é a retranca sueca, pero a min non me fixo nin puta gracia...
Finalmente e tra-la inoportuna presentación, un grupo de rapaces achegouse a min e preguntáronme moi amablemente se quería axudalos co seu traballo. “Podiades ter levantado a man antes cabróns” pensei eu para os meus adentros.
Non vou a entrar a avalia-los sistemas educativos de ámbolos dous paises, posto que non son ningún experto nin teño coñecementos abondo para facelo, pero tras unha semana de clases aquí dinme de conta de que se tratan de sistemas completamente diferentes. Mentres que o noso é un sistema baseado na distancia entre profesor e alumno no que predomina o contido teórico, aqui puiden percibir (polo menos nas asignaturas ás que estou asistindo eu) que se trata dun sistema máis práctico cunha estreita relación profesor-alumno no que a penas se percibe a xerarquía. Predomina o traballo diario e en grupo sobre o individual e as clases son de a penas 15 - 20 estudiantes.
Cal é mellor? Non o sei, pero o que si sei é que son enfoques diferentes...
Buenas!
ResponderEliminarXa vexo que che vai ben. Seguro que non vas querer voltar nunca máis.
E iso, deixa xa os preámbulos e ponte a falar de suecas!
Unha aperta!
A ver Juan!!
ResponderEliminarAlvite from Hungary.
Xa vexo que todo che vai sobre rodas en Lund, pero busca algo de tempo para ir de festa macho que non fas más que darnos a paliza coas "Building Vibrations"... jajaj.
Eu aqui ainda non teño titor de PFC, this is different, e aínda non terminei de adaptarme de todo...temos aquí unha plaga de españois impresionante.
Supoño que dende a ETSEI do monte de Marcosende che chegarían sólo boas noticias, portáronse ben con nós desta vez!!
Unha aperta e pronto preparamos un erasmus exchange.
P.D. Súmome á lista de lectores que solicitan máis información sobre suecas e festas, do contrario non te estrañes se as audiencias caen en picado.
me puedo imaginar perfectamente el momento silencio sepulcral... pero esa es la mejor forma de romper el hielo, ya verás Juan!
ResponderEliminarMucho ánimo y un besazo enorme desde Vigo!!
home señor juan, parece ser q vas cumprindo coa promesa de escribi-lo brlog:P a ver canto che dura!!
ResponderEliminaralégrome moito de q che vaia tan ben.
unha suxerencia (máis): para cando unha entrada sobre festa, tío? q nos tes en ascuas!!
bicos bicos bicos.
olaia
PD. corrixíronnos as notas do erasmus... son aínda mellores das q che dixen!