viernes, 18 de septiembre de 2009

Välkomnande till Sverige, Juan

Maletas cheas diante da porta e pasaxe de avión no peto. Escena soñada unha e outra vez dende hai moito tempo. Sensacións nunca antes experimentadas apoiadas sobre os bultos. Alegría mesturada con respecto e con bágoas contidas. Alegría por estar a uns intres de vivir un soño no estranxeiro. Respecto obvio ó descoñecido. Bágoas contidas polos que aquí esperan.

Parto cara o aeroporto coma se fora unha das tantas viaxes xa feitas. Unha única diferenza: one-way-ticket. Esta diferenza faise notar nas facianas dos meus pais, que especulan ante un pronto regreso para “unha fin de semana longa”. “Xa veremos; hó, ainda non marchei”, respondo eu.

Última revisión antes de facturar por parte dos proxenitores: “Levas todo?”, “Seguro que non levas líquidos na maleta de man?”, “mira ben en qué porta tes que embarcar”, “Ten sempre as túas pertenzas contigo”... Consellos que noutra ocasión serían reprochados; hoxe non. Hoxe é diferente e ata se agradecen.

Hora de pasa-lo control. Apertas. Bicos e máis bicos. Un “Veña, carretera!” á defensiva de meu pai marca o final das despedidas. “Chámanos ó chegar”.

Escorrega unha bágoa ó comezar a subi-las escaleiras mecánicas e perder de vista ós meus pais, pero ó mesmo tempo tamén se empeza a debuxar un sorriso na miña faciana. Un sorriso esperado dende había moito tempo... Por fin o Erasmus chegara.

---

Agora mesmo estou sobrevoando... ¿Francia? e escribo dende unha altura aproximada de 34000 pés (uns 10500 metros) a primeira entrada deste blog que non pretende ser máis ca unha pequena ventá ou pantalla a través da cal intentarei transmitir e facervos ver algunhas das moitas impresións e experiencias (boas e/ou malas) que terei durante este ano neste país nórdico. Espero que isto non sexa só froito dun día, polo que tratarei de escribir algo non cada moito tempo.

Remontémonos agora ata principios deste ano 2009. Alá polo mes de marzo ou abril. Foi arredor desas datas cando a Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo deu a coñece-la relación de prazas de Erasmus para o vindero curso (e xa presente) 2009/2010; confirmando o que eu xa tiña ben sabido pero que aínda non quería crer: praza na Lunds Tekniska Högskola -LTH- (Sweden) para realiza-lo proxecto de fin de carreira.

Correos electrónicos, chamadas, axuda de xente de forma desinteresada, moita paciencia e incluso unha visita ó lugar de destino deran finalmente os seus froitos. Supoño que xa por todos será coñecida esta historia, xa que é probable que vos rompera a cabeza máis dunha vez con ela.

Comezara a conta atrás. A partires daquel intre todo comezou a xirar en torno a Suecia: buscar piso, persoas de contacto, voos, trámites burocráticos, etc. Tras moitos e por sorte ben resoltos contratempos, todo parecía estar en orde: profesores avisados, piso buscado, billetes comprados e moitas pero que moitas gañas de que todo saíra ben.

E por que Suecia? Boa pregunta que moita xente me ten feito. Pero digo eu...E por que non?

Dúas viaxes a este país; unha universidade das que din mellores de Europa; un proxecto da especialidade de construcción; a inexistencia de ningún outro destino apetecible para min, a posibilidade de comunicarse en inglés con todo o mundo, a atracción polo “diferente” así como por suposto as mulleres suecas (meu pai aínda segue crendo que só vin a Suecia por esta última razón) son, segundo o meu punto de vista, motivos máis ca suficientes para terse decantado por este país. Espero que o tempo e as vivencias que aquí me esperan me dean a razón e non me arrepinta da decisión tomada. 

---

Escoito voces. a asistenta de voo estase dirixindo a min: “Could you please shut down your laptop once you’ve finished?”. Imos aterrar nuns intres. Despois dun voo movidiño con moitas turbulencias, Copenague agarda. Dende alí, tren ata Lund cruzando a Ponte de Öresund que une Suecia e Dinamarca; e unha vez en Lund, tratar de atopa-la que vai se-la miña residencia nos próximos... ¿6,7,8...10...meses?

Queda ainda un longo traxecto por recorrer...

---

Abro a porta acompañado de Kent –o caseiro-. Os nervios apodéranse de min durante os intres previos a ve-la casa e os meus compañeiros. “Hej hej” saúdo moi educadamente ó entrar. Non obteño resposta. A casa está baleira. O encontro terá que esperar. 

Durante a previa "visita guiada" polas diferentes estancias da vivienda a cargo do dono, éste explícame que se trata dunha casa con 3 andares. Cada andar é un apartamento que albega unha cociña, unha sala de estar, un baño e as devanditas 4 habitacións. Asimesmo, no soto existe unha sala de xogos con mesa de ping-pong, así como tamén unha dependencia para a lavadora e a sala de caldeiras (si...evidentemente temos calefacción).

Ó fondo do corredor do terceiro andar atópase a miña habitación. Ábrese a porta. Non quero mirar pero teño que facelo. Definitivamente moito mellor do que esperaba! A habitación pasara o exame e con nota. Ten sobre uns 15 metros cadrados equipados cun vestidor, estanterías varias, mesa de estudio con flexo, e unha mesiña de noite xunto á cama.

Agora toca desempacar e arrombar tódalas cousas. 

Hoxe empeza sen dúbida unha nova etapa na miña vida, da cal espero podervos facer testigos dende a distancia a través deste blog. Novo país, nova xente, novas costumes... que non serán se non experiencias que me farán madurar como persoa.

Unha aperta para todos dende Lund!

 

9 comentarios:

  1. Juanzinho86?!?? Aínda te rompiches a cabeza co nome

    ResponderEliminar
  2. Juan estoy totalmente con tu padre.... mujeres.....

    ResponderEliminar
  3. oyeee a ver si aparece ahora!

    ResponderEliminar
  4. A ver se actualizamos con máis regularidade!!
    Por certo respaldo absolutamente o que di Borch....

    ResponderEliminar
  5. peke! tendras el movil español encendido? algun dia de estos me compro una tarjeta y te llamo vale? para q me cuentes bien....q el gallego se entiende pero no lo pillo todo! muchos besitos cariño . Carol

    ResponderEliminar
  6. Juanzinhoooooo, perdoa por non contestarche a mensaxe, e que como ao final non podía despedirme de ti, pois esperei a conectarme para falarche por aquí, xa vexo que todo ben, aínda non comentaches nada da bici! xD
    Eu sigo sen noticias de Ponte (e as clases comezaron onte...)
    Vexo que ao final decidiches escribir en galego, decisión da que me alegro moitísimo (imaxino que o supoñerás, jeje).
    Unha forte apertaaaaaa e escribe prontooo outra vezzzzzzzzzzz!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  7. Empápate bien de todo lo que Lund tenga para ti, Juan.

    Te echaremos de menos, pero sé que estarás en buenas manos. Más les vale a las rubias suecas tomar bien el testigo de las viguesas!

    Un besiño enorme!

    ResponderEliminar
  8. Muy bien Juanzi, asi me gusta , por lo menos una vez x semana, pero a ver si no te duro la cosa 2 o 3 meses nada mas q es lo que suele pAsar!

    yA me comentaras como es lo del mvl , si recibs llamadas mensajes y esas cosas o a donde hay q llamarte.

    Al final vi el partiido del barsa yo tb (asi ya sabes quien soy jjj).

    Un beso MUY GRANDE CHOROMICAS! :)

    ResponderEliminar
  9. jaja, unha das mellores universidades de Europa, que conto tes carallo!!...Ainda me debes a visita longa a Alemaña, que o de Frankfurt dixemos que non contaba, eu se cadra vou visitarte pero para primaveira, que para frio xa me chega esto. Cuidate, que eu vou seguir lendo o blog, que ainda o abrin hoxe.

    ResponderEliminar