Pois iso é un Sittning: unha cea das de toda a vida pero ó estilo sueco. Normalmente e segundo puiden escoitar, sempre hai un tema para que tódolos invitados poidan libera-la súa imaxinación. Neste caso, o tema era tan amplo como apetecible:
We have decided the theme and it's called BAD TASTE; so get your ugliest clothes (or come without any, would say that shows some bad taste too... though I can't promise they let naked people in at Väsgötta Nation). Wear whatever you want as it shows some serious lack of taste.
Como bos suecos e seguindo a tradición, os organizadores planearon unha pre-party... ás 5 da tarde!
Pre-party at Anneli's appartment at 5pm. So come to Magistratsvägen 55S appt 202 (Delphi S-building second floor) wearing your ugliest outfit and hang out before we head down to VG's for good food, drinks and a lot of singing and dancing!. She has bought some snacks for us to warm up with, but bring your own alcohol/drinks.
Evidentemente… non fun. Son consciente de que xa non estou vivindo no meu país e que hai que adaptarse a esta nova forma de vida sueca, pero de ningún xeito vou a empezar unha festa ás 5 da tarde! Cheguei ás 6:30 xa cara o final da pre-party e antes do comezo do Sittning para vestirme acorde co evento. A verdade é que, debido ás poucas posibilidades que o meu armario ofrecía, non dubidei en deixarme aconsellar por algunha estilista feminina que se ofreceu voluntaria, polo que naturalmente acabei vestido de muller cun toque de mal gusto máis que evidente. Cando alí cheguei para someterme á sesión de travestimento, dinme conta de que non era o único individuo que alí se atopaba para disfrazarse. Caixas con roupa enriba da cama, zapatos ciscados polo chan… e todo isto acompañado de música a alto volume e algunha que outra bebida, facían daquela habitación unha escena digna dun mercado ambulante.Un Hitler maricón, unha Pipi calzaslargas estilo putón… todo o mundo podía atopar alí prendas ó seu gusto; aquelas caixas semellaban non ter fondo!
Busquei no medio da roupa cando Irina dixo: “Wait, wait Juan! I’ve got something perfect for you. You should definitely wear it. You will show your beautiful legs tonigh”. Dito e feito: vestín unha minisaia de volantes modelo cheerleader e un top de rombos, e enfundei unhas tetas desas que calquera de nós gostaría de ter entre as súas mans algún día. Estaba listo para a festa!
O camiño dende Delphi ata o lugar da cea non foi fácil. O frío que ía mesturado coas facianas asombradas da xente cando a miña saia se levantaba en cada pedalada non fixeron o camiño sinxelo. Pero non me importaba, hoxe era un día para pasalo ben.
A cea, baseada en saborosa comida típica sueca, pasouse entre cancións, amenas conversas cos compañeiros aleatorios que se nos foran asignados á entrada, e por suposto berros e tamén risas. Houbo un momento no que unha persoa encargada da organización tocou co seu garfo na súa copa solicitando a palabra. Todos calaron e comezou a falar. Ía proceder á entrega dos premios ós mellores disfraces ó mal gusto… Redobre de tambores e…
“Although the party is about bad taste and she is almost reaching the good taste because she’s really hot… The best woman costume’s prize is for… JUAN!”
O meu compañeiro masculino no podio foi un rapaz alemán que vestía un disfraz exótico de cowboy. Xuntos tivemos que bailar agarrados a canción que segue titulada Birth Control, que foi entonada por 90 persoas ó unísono (tratade de cantala co ritmo da canción dos Beatles “Yesterday”)
Birth control;
Is the only way to save my soul
Since I put it in my girlfriend’s hole,
I wish I had used birth control.
Sifilys,
It all started with a little kiss,
Now It hurts me when I try to piss,
Oh I believe, It’s sifilys
Why I had to cum I don’t know, she
Wouldn’t blow,
I stayed in too long,
No I long for birth control
Pregnancy, there’s a shotgun
hanging over me
It was unexpected pregnancy
Oh, I believe in birth control
Why, I had to cum I don’t know,
She woulnd’n blow
I satayed in too long
Now I know for birth control….HIV!
Como se dunha voda se tratase, fomos sometidos a unha sesión de flashes durante a cal non podiamos parar de rir un abrazado ó outro.
O devandito baile así como unha sesión de cancións típicas de cada país na que cada un de nós tivemos que cantar unha peza autóctona, deu por finalizado o Sittning co posterior traslado á discoteca anexa ó restaurante.
Miradas cravadas en tódolos comensales na nosa entrada debido ós disfraces, mans masculinas que ante a imposibilidade de agarrar algo así a miúdo se centraban nas miñas tetas, fotos outra vez, e moita pero que moita diversión. Así foi como se pasou a noite do meu primeiro Sittning en Suecia; algo diferente e divertido que espero poder volver a repetir pronto.
Postre para rematar a modo de despedida cara o final da noite. Noto un toque no lombo e escoito unha voz feminina que pregunta: “Are you trying to get late tonight? Because I am looking forward to sleep at your place”…
Muy latino... incluso en Suecia...veo que no se te enfrían las ideas
ResponderEliminar"Not really, it´s just for fun".
ResponderEliminarCreo que teño información privilexiada.jeje
Gracias por facernos sentir máis cerca con cada un destes amenos relatos.
PD: O teu Dende Suecia para o mundo, pronto será o noso Dende Australia para o mundo!
me declaro fan número uno de la iniciativa de las suecas, Juan!!
ResponderEliminar"Are you trying to get late tonight? Because I am looking forward to sleep at your place…"
SI SEÑOR!!!!!!! jejejeje
Cres que somos parvos? ti realmente querías chegar as 5... pero a túa puntualidade non deu para máis... non me veñas con contos, fucking bastard
ResponderEliminarSecundo a moción de Borch, por suposto.
ResponderEliminarPor certo a do toque no lombo (boa expresión), non tiña, como diría o noso benquerido José Antonio, un "toquiño"? Os lectores queremos que se aclaren ese tipo de detalles.
que peligro ten este home en suecia !!coa de mulleres feas q deben andar por ali ......
ResponderEliminara pasalo ben por ahi !!
juan.... continúas sen sorprenderme nadiña;)
ResponderEliminarbicoooooos!
Olaia
Olaia... xa sei que ó vivir durante un ano con suecas estás curada de espanto e para ti todo isto é normal pero bueno... eu hai veces que flipo. xD.
ResponderEliminarEfectivamente Taba... conservo a miña latinidade aínda nestas xélidas terras.
Unha aperta a todos e gracias polos comentarios
Veña, queremos máis suecas, digo máis entradas
ResponderEliminarEsixo a 2ª parte da historia!!jaja unha aperta Juan!
ResponderEliminar