-Today we have a new engineer in the Max-IV group. Please Juan introduce yourself.
Enxeñeiro? Quen? Eu? Si hó... Se cho conto choras... pensei para min.
Esta semana pasada foi algo máis axetreada do normal; sen dúbida a de máis agobio dende que a estas frías terras –non tanto como esperaba- cheguei. O mércores ás 10 da mañá subín, coma tódolos días, ó fika ou hora do café. Servinme o meu café au lait con 4 azucres e sentei en fronte á ampla mesa para disporme a preparar dúas torradas de manteiga, marmelada de pexego e queixo. De súpeto, o ritual matutino veuse interrompido pola voz do meu titor que, “coma quen non quere a cousa” dixo:
-By the way Juan and Peter! This friday at 13hours we’ve a meeting with the people from Max-IV. You now are in the group and you should make a presentation of what you’ve done so far.
Ostiá! Menos mas que avisas con tempo cabrón...
Din que “home previsor vale por dous” e eu, espelido de min, xa adiantara unha parte do proxecto antes de que el mo ordenase, polo que o aviso non me collera tan “en bragas” como a priori podía pensar. O resto da semana pasouse entre Power Points, longas esperas (ó super-computador lévalle sobre 70-80 horas facer un cálculo simplificado do asunto en cuestión), amplas xornadas de traballo, e algún que outro agobio. Sexa como for, ó final a presentación non saíu tan mal.
---
Cheguei puntual e pasei para a sala de xuntas. Alí, os sitios xa distribuidos mediante unha cartolina co nome de cada un de nós e unha botella de auga en fronte “falaban” da seriedade do asunto. Cando o reloxo deu a unha en punto, xa todo estaba preparado para comezar; porque como din aquí: “os 5 minutos de cortesía son unha descortesía para os que chegan a tempo”.
A un lado da mesa, catro profesores do “meu” departamento, eu e Peter -un rapaz sueco quen, coma min, ten asignado no seu proxecto o cálculo dunha parte do Max-IV-. Ó outro lado, a xente responsable do complexo que, segundo puiden extraer das súas intervencións eran dous físicos, un arquitecto e un enxeñeiro.
Seguindo a orde do día, comezouse a falar (en inglés por suposto, para que a profesora suíza e máis eu entendesemos) das medidas das vibracións no futuro entorno do laboratorio. Segundo comentaban os profesores, os datos recompilados pola empresa noreguesa contratada polos responsables do Max-IV non eran fiables, pois estaban tomadas durante só unha semana dende as 10 da mañá ás 4 da tarde, evitando así as medidas das ondas producidas polo tráfico existente durante a rush hour (hora punta). Tras unha “discusión” livá ó estilo sueco, sen por suposto ningunha palabra máis alta ca outra, chegouse á conclusión de que a universidade non tomaría risco nin responsabilidade algunha con eses datos; polo que contratarán a outra empresa para volver a realiza-las medidas de novo.
Namentres a reunión avanzaba coa orde do día da man, Peter máis eu pareciamos ás veces xuíces de silla nun partido de tenis, ollando dun lado cara outro asistindo como espectadores de luxo a aquel brainstorming de eruditos. Sinceramente, abofé que se aprende moito nun lugar así.
Cambio de tercio e turno para os “pipiolos”. Coa axuda dos titores, fomos capaces de explicarlle ós que alí en fronte se atopaban os nosos primeiros cálculos e cara ónde ían encamiñados. Nervios mesturados con ilusión e relativo medo, xa non só á presentación senón ó proxecto en si; levaron ó final a un resultado, ó xulgar polos ánimos da xente, máis ca satisfactorio.
Tras 2 horas e media de reunión; tempo para pecha-la sesión e para poñe-la data da seguinte reunión.
-What about middle January?
-Sorry! Off to Australia during Christmas; coming back on January 12th -dixen en voz firme-
-Alright, no prob! let’s meet then in the beginning of February so you can have more time to work and present something new in the next meeting.
Pois parece ser que non só teño o obligatorio e obvio compromiso co meu titor de proxecto na facultade, senón que tamén lle teño que ir expoñendo periódicamente os meus “progresos” ós responsables de turno, polo que o agobio será se cabe maior...
Canta claro sr. enxeñeiro, cantas coroas está metendo no peto?
ResponderEliminarPero ti non ías de erasmus?
Si Borja si... iso cría/quería/pensaba... pero xa ves... parece ser que outro ano de "agobio" (iso sí, agobio só durante xornada laboral sueca de 8 a 5 e de luns a venres... lol).
ResponderEliminarAsi me gusta Juan, non te deixes acojonar por unha panda de taraos, enseñalles que aqui ós latinos as cousas levannos o seu tempo, e que as vacacións son sagradas. Amosa que en Vigo non se traballa, solo se amenaza coa folga...
ResponderEliminarAnimo logo que eso estase a por serio.
Rapaz, ti de debes de ser bó! jeje
ResponderEliminarNoraboa macho, que pasada todo o que contas, con todo tipo de detalles que fan que por un momento nos poidamos sentir un pouco máis preto de ti.
Just 5 days mate!
Pero ti eres un home moi importante!!
ResponderEliminarAlégrome que todo vaia sobre rodas!
Unha aperta