Tras dous meses e medio por terras escandinavas, creo que xa estou en posición de poder xulgar dende fóra a "vida sueca", así como a maneira de ser de moitos dos seus habitantes. Aquí deixo esta listaxe que elaborei a partir de cousas atopadas na rede e que, segundo a miña experiencia, poden resumir en grande medida e a modo de broma a forma de ser desta xente da que, sen dúbida, temos moito que aprender (tamén teñen defectos por suposto, moitos!)...
Sabes que te estás volvendo sueco cando...
- Tes serias dificultades para cruza-la rúa co semáforo de peóns en vermello; incluso non circulando ningún coche.
- Sénteste mal por tirar algo á papeleira que podería ter sido reciclado.
- Camiñando pola rúa só ves mulleres loiras ou morenas con raíces rubias.
- Atopas perfectamente normal ter que ir a unha tenda especial propiedade do goberno (System Bolaget) aberta só ata as 6 da tarde para mercar calquera tipo de bebida alcólica.
- Nunca usarías os transportes públicos sen un billete válido.
- Nunca na túa vida copiarías nun exame, pois "iso sería facer trampas e non aprenderías nada"
- Cres que a pre-party é moito máis divertida cá posterior sesión de discoteca
- Ves perfectamente normal pagar máis do 50% do teu soldo en impostos.
- Sínteste moi mal estando na casa se brila o sol fóra.
- A ineficiencia cabréate moito.
- Quitas sempre os zapatos ó entrar na casa e non entendes por qué a xente non sueca non o atopa gracioso.
- Pasarías todo o traxecto do autobús de pé antes de molestar a alguén que ten a súa mochila ocupando o ultimo sitio libre.
- Úneste con moito gusto a unha conversación sobre o tempo.
- Cabréaste cando hai xente parada no lado esquerdo dunha escaleira automática.
- Planeas cada segundo do día, incluso as túas visitas ó baño.
- Respondes ó teléfono dicindo o teu nome.
- Rematas tódalas chamadas telefónicas con “puss puss", e non entendes por qué a xente anglofalante que te rodea te mira con cara rara.
- Estás sempre pedindo desculpas, incluso sen saber moi ben por qué.
- Estás acostumado a que polo menos unha muller comente os partidos de fútbol tal e como dicta a lei.
- Proclamas ben alto que a auga da billa da túa casa é moito mellor que calquera auga mineral embotellada vendida no supermercado.
- Prefires sentarte nunha terraza cunha manta e debaixo dunha estufa que dentro dun bar, aínda que a temperatura ambiente sexa de “menos algo”.
- Atopas que a xente doutras culturas fala moi alto.
- Non consideras o silencio coma un problema. É divertido!
- Cres que construir casas de ladrillo é unha tontería. A madeira é unha ganga!
- Cabréaste se as cousas non están no seu sitio e correctamente etiquetadas.
- Un sandwich consiste para ti nunha soa rebanda de pan.
- É aceptable comer ás 11 da mañá.
- Aceptas que terás que facer cola para coller un número que che permita facer cola.
- Cabréaste moitísimo se o autobús chega dous minutos tarde.
- Cres que ir á sauna espido cunha manada de extraños é unha parte necesaria da túa vida diaria.
- Sempre te estás desculpando polo teu acento/gramática/escritura en inglés, incluso sendo consciente de que falas mellor que algúns nativos.
- Cambias de sueco a inglés cando alguén non-sueco entra pola porta e continúas falando inglés incluso cando esta persoa deixa o lugar.
- Cres que dicindo dúas veces a mesma cousa soará mellor: “Hej Hej!”, “Nej men Nej men”, "Tack tack", etc.
- Confías en IKEA máis ca no teu propio goberno.
- Sínteste incómodo cando a caixeira do supermercado che pregunta “Que tal?” pois pensas… ”Por que quererá saber esta muller sobre a miña vida privada?”
- Póñenseche os ollos coma platos ó darte conta de que en calquera outro país se pode mercar alcol no supermercado e aínda por riba moito máis barato.
- Cando a primeira cousa que preguntas cando un amigo volve de viaxe é: "que tal o tempo?"
- Cando tornas tolo ó enterarte de que no país ó que vas ir de viaxe non se pode bebe-la auga da billa.
- Só eres capaz de iniciar unha conversación por ti mesmo e abrirte á xente estando borracho.
- Interésaste máis pola porcentaxe en alcol que pola bebida en si mesma.
- Cres que ir a un bar a tomar algo é unha perda de tempo se non te vas emborrachar.
- Eres considerado un alcólico se bebes durante a semana, pero se non saes “a muerte” a fin de semana, es raro.
- Consideras "normal" coñecer a unha moza nun pub, acompañala á súa bicicleta e pedalear xuntos cara a súa casa.
- Tomas 3 ou 4 cafés ó día.
- Prendes velas cando tes visitas, incluso brilando o sol fóra.
- Tes unha asignatura no colexio dende os 12 anos na que aprendes a cociñar, pasa-lo ferro, e demais tarefas domésticas.
- Nunca más intentas pagarle la cena a una chica en una cita, por miedo a un ataque acusándote de machista.
- Pagas todo con tarxeta, incluso se se trata só dun chicle.
- O dentista, o transporte público, o comedor do colexio e moitas cousas máis son gratis ata remata-lo instituto; e ó entrar na universidade recibes un soldo de aproximadamente 400€.
- Atopas completamente normal que unha persoa estranxeira poida sacar unha carreira no teu país sen cursar ningunha asignatura en sueco e tanto o teu título coma o del sexan o mesmo.
Canto deso sería impensable aquí, no país dos cabestros.
ResponderEliminarNo país dos cabestros e as pandeiretas todo é impensable, e parecerse a Suecia é unha ilusión que quizais nin chegará nos próximos 200 anos.
ResponderEliminarAgora vou facer eu un para que saibades como son os daneses, moi parecidos os suecos, por certo.
Moi bo Juan, noraboa!
A verdade é que está moi ben currado o asunto sobre os suecos. Eu podería facer un de cando te estás volvendo australiano pero acabaría nunha frase:
ResponderEliminar- Repites de forma compulsiva "mate".
Gracias a Dios no me toco ser Sueco...
ResponderEliminarAnónimo dijo...
ResponderEliminarTamén aquí podes pasar un paso de peóns sen preocuparte, só que se che pode aplicar o seguinte refrán: Gloriosos os que confian nos pasos de cebra pois alcanzarán antes a vida eterna.
Poderíamos facer unha comparativa de cada un dos comentarios que citas, pero só nos levaría a cabrearnos.
Por poñer un exemplo: ¿Que se pode pensar dun país no cal unha gran parte da sociedade considera as persoas que enganan á Administración (Resulta moi duro poñer "rouban")as máis intelixentes?.
Dáme envexa ese país.
Bravo papá! Xa sabía eu que ías comentar nesta entrada jaja.
ResponderEliminarTi es aínda máis sueco ca min! Fai a mochila e vente para aquí que dígoche eu que non volves cando vexas isto!
Ademais aquí podemos falar galego con tranquilidade que nos respectan... jaja.
Un bico!