Max-lab é un laboratorio nacional sueco coordinado conxuntamente polo goberno do país e a Universidade de Lund. Hoxe en día, o proxecto Max conta con 3 instalacións: Max-I, Max-II, Max-III e un pre-acelerador de partículas chamado Max-Injector.
Para levar a cabo unha mellora na investigación no campo da ciencia de materiais (nanotecnoloxía, etc) precísase dun novo complexo 100 veces máis eficiente cás instalacións xa existentes. Max-IV será, polo tanto, a seguinte xeración dos Max-Lab suecos.
Este complexo será construido gracias a unha subvención que a Unión Europea concedeu a Lund (arrebatándolle tal premio a Bilbao) o ano pasado, e prevese que as instalacións estean funcionando no ano 2015. Os cálculos do complexo levaraos a cabo a Universidade de Lund.
Max-IV consistirá básicamente nun acelerador circular de partículas de aproximadamente 200 metros de diámetro e nun túnel subterráneo (Linac) de 385 metros de lonxitude. Para describilo dunha maneira sinxela, poderíamos dicir que Max-IV será un microscopio xigante en 3D.
Obxectivo
No meu proxecto de fin de carreira (Master Thesis) analizarei os niveis de vibración que soportará o Linac. Debido á natureza das actividades que se levarán no interior do túnel subterráneo, esixiráselle ó mesmo unhas moi estrictas condicións técnicas para levar a cabo no seu interior as investigacións pertinentes. Así, só vibracións moi pequenas (da orde de nanómetros) serán permitidas.
É obvio que os elementos circundantes terán unha moi grande influencia no comportamento do túnel. Próximo e el está situada a autovía E22 en dirección a Göteborg, que por suposto propagará cara o túnel vibracións de diferencias frecuecias dependendo da densidade do tráfico. Do mesmo xeito, tamén se construirá unha ponte para a circulación de autobuses por enriba do Linac que tamén perturbará o comportamento do mesmo.
O obxectivo principal do meu proxecto será, polo tanto, analiza-la influencia das fontes de vibracións próximas ó túnel subterráneo do Max-IV mediante o método de elementos finitos. Para conseguir este propósito, será necesario manexar moitas hipóteses (de cargas, materiais, etc.) para cercionarse de que se cumplen as condicións técnicas que se lle esixen á estructura en tódolos casos. Se nalgún caso non se cumplisen, tamén haberá que aportar posibles solucións para que así o sexa.
Eres un jefazo. Ese xa un traballo do que podes presumir un sábado á noite para rucar con algunha desas rubias que en Suecia existen ata por castigo.
ResponderEliminarAdemáis con ese despacho segues gañando puntos para convertirte no Barney Stimpson galego
Vese que é un proxecto serio e ambicioso.Coñecéndote un pouco sabemos seguro que estaras a altura. Animo e sorte
ResponderEliminarEu tampouco dubido que estarás á altura. Mais eu diría máis ben que alegría ver que che dan algo á túa altura!
ResponderEliminarparéceme que ese pre-acelerador de partículas de "solo" 200 m de diámetro e unha mariconada...
ResponderEliminarÁnimo no traballo eso ten moi boa pinta
Unha aperta