Despois dunha visita inesquecible a modo de regalo de aniversario por parte de Bruji, Álex e Patri na que visitamos Copenague, Lund, Malmö e atravesámo-lo sur de Suecia en coche ata Estocolmo, era tempo para voltar ó traballo. A presentación do proxecto achegábase de maneira ameazante.
E chegou o día... 27 de maio de 2010. Arribei á escola sorprendentemente relaxado cunha hora e media de antelación, que aproveitei para le-los xornais e parolar un anaco coa xente. Preparei todo coidadosamente e esperei na aula a que a xente fora chegando. A xulgar pola asistencia, a invitación que de xeito obrigatorio hai que mandar a tódolos membros do departamento antes dunha presentación, xurdira efecto. Os profesores, que entraban cunha morea de follas embaixo do brazo e bolígrafo en man, axenciábanse rapidamente para botarlle un ollo unha das copias da miña memoria que previamente imprimira e puxera enriba da mesa. Actitude canto menos impoñente que seguía sen causarme, para a miña sorpresa, a máis mínima inquietude. Intercambio de sorrisos cos amigos e uns grolos de auga...
Cun lixeiro e á vez sorprendente retraso sobre as 10:30 previstas, o meu titor deu comezo á sesión:
-Welcome to the presentation of the thesis "Vibration analyses of underground tunnel at high-tech facility" whose author is Juan Negreira Montero [...] The procedure will be as follows: Juan will first present his work and then the opponent will express her oppinions and questions about it. Afterwards, the discussion will be open to the audience. So... please Juan start whenever you are ready...
Din as gracias pola asistencia a tódolos presentes e comecei a falar... Sen case darme conta acabou a presentación no medio dun forte aplauso que deu paso de xeito case inmediato á posterior batería/bombardeo de preguntas, ás que afortunadamente souben contestar sen atrancos. Tras 20 minutos de presentación e outro tanto de preguntas, a "discusión" dexenerou en temas cotiás como por exemplo "When are you coming back home?, What do you think about your swedish experience so far?, etc" . Outro aprauso mentres a miña examinadora me daba a noraboa ó mesmo tempo que un apertón de mans indicándome dunha forma indirecta que, a falta da firma en Vigo, por fin era enxeñeiro... parece que foi onte cando comecei a carreira, mais para ben ou para mal todo chegara xa ó seu final. Non son consciente aínda do cambio que isto pode supoñer na miña vida, mais agora mesmo só quero agradecer a toda a xente que dun xeito ou outro me axudaron ou compartiron momentos comigo durante estos últimos anos, abofé que inesquecibles e os mellores da miña vida.
E hoxe volta ó traballo. Aínda hai que maqueta-la memoria do proxecto e facer algunha cousiña máis. Iso si... desta volta un pouco máis relaxado. Só faltan 20 días para voltar á terriña...
Wow, impresionante... unha hora e media antes, really?!??
ResponderEliminarNoraboa campión, vémonos en breves ingueniero
noraboa amigo!! benvido ó club...xa sabes canto exclusivo é......jejeje a ver se nn se che sube á cabeza! Estou esperando a q volvas para celebralo como se merece
ResponderEliminarunha aperta
noraboa rapaz!!!!
ResponderEliminarun bico
Pero.. ¿Quen tiña dúbidas de que todo saería ben?
ResponderEliminarNoraboa campeón!!!
well done!! and my best congratulations
ResponderEliminarClaro que si. Agardo poder contemplar tanta sabiduría e tranquilidade na tua presentación en Vigo. Xa queda menos para reunirnos.
ResponderEliminarParabéns cuchiño!
Enhorabuena Sr. ingeniero, esperamos verte pronto y este año esperamos tb que nos visites en agosto en la "Cotê de Varzim". Un bico grande.
ResponderEliminarAgora xa sabes como se sinte un licenciado!! haha
ResponderEliminar