Considero que fun sempre unha persoa con poder de decisión. Ou mellor dito; considerábame. Os acontecementos ocorridos nestes últimos meses serviron para convencerme do contrario. Ben é certo que nunca antes un SI ou un NON significaran tanto. E explícome...
Tra-la presectación do proxecto, vexo como lentamente desaparecen tras de min os 5 anos en Vigo: exames, titorías... e por que non tamén? festa, amigos... Consumindo as súas últimas horas de vida está tamén un Erasmus para nunca esquecer. Punto e a parte. Agora, a "vida de adulto" chama a unha porta que se resiste a ser aberta. Mais parece ser que non hai outro remedio... Hai que buscarse a vida! Decisión per se non sinxela que se ve agravada se cabe pola posibilidade que me xurdiu para quedar aquí. Non queres caldo? Pois toma sete cuncas!
No meu ombreiro esquerdo, un anxo racional que me murmuria que debo quedar; no dereito, un demo emocional pedíndome que volva. E a que? pregúntome eu.
Noites sen durmir, momentos de indecisión e frustración e longas parolas con familia e amigos, dos que por certo sempre tiven total apoio, deron ó final cunha decisión que non sei se acertada, pero canto menos ben deliberada. Crédeme que non é nada sinxelo tomar unha decisión deste tipo, desas que poden ter eco na miña vida. Pero como di unha das miñas citas favoritas: máis vale arrepentirse dunha cousa feita que dunha que non fixeches. Son novo e sempre hai tempo para volver. Se regresase agora e as cousas me foran mal... arrepentiríame toda a miña vida de non ter aceptado esta opción. Ó final, decidinme por un douramento no canto de aceptar unha oferta de traballo que tamén tiven. A vida na universidade dá moita máis liberdade para voltar á casa a miúdo, está moi conectada co mundo laboral e o soldo é practicamente o mesmo. Vexamos se o tempo me dá a razón ou se pola contra ma quita...
E xa que de cambios vai o asunto, decidín probar xunto con Albert (un amigo catalán que tamén queda en Suecia) a cidade de Malmö como lugar de residencia. Malmö é a terceira cidade máis grande de Suecia e está a 11 minutos en tren de Lund. Xuntos mudámonos a un apartamento de 100 m2 no centro da cidade. Aquí deixo algunhas instantáneas dalgunhas partes do apartamento, que debido a que foi "estrenado" esta semana aínda está algo baleiro. Espero que vos guste!
Juanzi te vamos a echar de menos , pero es una oportunidad única! noraboa ;)
ResponderEliminarBen, moi ben amigo. Agardo poder desfrutar algun día contigo nese pedazo piso. De corazón noraboa pola decisión. Vémonos axiña.
ResponderEliminarDecidir sempre é difícil a pesar de que ás veces un o ve moi claro. Xa sabes que me alegro da túa decisión e estou contenta de non ter que dicir "ata sempre" senón, "ata de aquí uns días".
ResponderEliminarPor certo, o piso parecerá baleiro pero eu xa o vexo un pouco máis cheo ;-).
sorte na nova etapa!!!
ResponderEliminar;)
cando veñas por aquí xa nos tomaremos un café!!
un bico
Mais que un piso, parece un mini-palacio, se virás o noso de aquí...
ResponderEliminarAlégrome de que tomaras esa decisión e estou convencida de que non te vas arrepentir! Espero poder ver ese piso persoalmente cando, algún día, te vaia visitar :)
O que máis me gusta, creo que xa o sabes... si! esa banderiña colgada na cabeza da cama!