domingo, 13 de junio de 2010

Broloppet


-Man! Didn't you want to run the Broloppet?
-I would fucking kill for one ticket
-Then I guess you are lucky since one of Lina's friends is giving one ticket away for free!
-When is it?
-Tomorrow!

[...]

Dito e feito. Nin a inexperiencia nin o feito de levar sen "adestrar" dende nadal me botaron cara atrás á hora de aceptar tal "oferta". Unha media maratón (21 km) sobre a ponte de Öresund que cruza dende Suecia a Dinamarca pagaría sen dúbida a pena.

Erguinme tranquilamente, e tras mira-lo tríptico de información para corredores dinme conta de que me quedaban 45 minutos para colle-lo último autobús facilitado pola organización para desprazarme a Copenague. Planificación escandinava: carreira que comeza ás 4 pm e o último bus sae á 1:15.... Tarde, mal e arrastro coma sempre, pensei. Collín a roupa axeitada non sen présa e pasei polo McDonalds que hai debaixo da casa para aprovisionarme dunha comida abofé que non axeitada para o esforzo que se aveciñaba. Mais non quedaba outra. Disimulei o menú cun par de pezas de froita a modo de postre e collín un taxi cara o punto de encontro. Fíxenme co dorsal e metinme no autobús. Ó chegar a Copenague, 2 horas de espera ata que ás 4 se deu o pistoletazo de saída.

Aínda existindo diferentes grupos ó comezo correspondentes ó ritmo de cada un, a carreira comezou, como non podía ser doutro xeito, cun ritmo baixo ata que a milleira de xente se foi espallando paseniñamente. Pronto impuxen un ritmo tranquilo aconsellado polo míster Don Alberto Trillo e comecei a sentirme mellor e mellor. Corría sorprendentemente relaxado disfrutando do escenario inigualable. Pasaron así os kilómetros cruzando en primeiro lugar pola parte subterránea da ponte, para logo subir de novo á superficie e acaba-la carreira ó outro lado da mesma xa en terras suecas. Ó final, 1 hora, 31 minutos e 57 segundos (4:22 min/km), e acabando con sprint para baixar dos 1:32:00. Ben é certo que a carreira non foi moi dura e incluso nalgún momento o aire petaba de costas. Aínda así, quedei moi contento tendo en conta que levo sen correr "seriamente", como apuntei antes, dende nadal. Dato a salientar tamén que en ningún momento me deu ningún calambre nin "pájara".

Aí queda esa marca máis que factible para batir na seguinte ocasión...

PD: Colgarei fotos da carreira en canto as consiga.

3 comentarios:

  1. Non cambias macho, segues sendo un víctimas!!! dúas horas dicía...

    Parabéns para Henrik Öhlin! vaia tempazo que se marcou... haberá que probar a dieta esa do mcdonald's antes dunha carreira

    ResponderEliminar
  2. Manda carallo, vaia figura se perdeu o deporte e gañou a enxeñerería. En serio que o teu é flipante, agora que ves "en forma" non quero pensar como nos vas a reventar na Alameda. Vémonos axiña crack!

    ResponderEliminar
  3. Sheila (sheiludy@hotmail.com)28 de junio de 2010, 20:59

    Hola Juan! Gracias por tu blog. Me ha salido buscando en Google "Delphi" y me he enganchado durante un rato, y es que acabo de saber que me voy a alojar allí en agosto para el Erasmus. Seguiré visitándolo.
    Suerte con tu decisión de seguir allí!

    ResponderEliminar