lunes, 23 de agosto de 2010

Fin da retransmisión?


E como o xurelo que morde o rabo, alí descansaban os mesmos bultos na mesma porta case un ano despois. Xa non espera un mundo descoñecido mais unha manchea de dúbidas en forma de contidos académicos. Medo desta volta mesturado con gañas de afronta-lo reto que se me presenta diante.

Atrás queda un verán inesquecible que, sen incluir nada extraordinario no menú, deixou momentos en compaña da familia e dos amigos que difícilmente se han borrar co tempo. Gracias a tod@s! Un verán no que tamén me din de conta o moito que me gusta Galicia e particularmente Santiago de Compostela. Axiña os nosos camiños se han de cruzar de novo...

Agora pecho con esta entrada un blog no que xa non escribirei con tanta frecuencia mais pode que ser que si algún día de xeito esporádico. Un blog que plasmou de xeito máis ou menos ameno un ano que foi abofé o mellor da miña vida. Un Erasmus cheo de experiencias e que por suposto recomendo a todo o mundo. Como dixo o outro… “que me quiten lo bailao”. Un ano despois do cal percibo á miña volta que nada cambiou excepto eu... É grato ver como a pesar da distancia a xente que importa segue e seguirá sempre aí.

Gracias por todo… espero que vos gustara o blog.

14 comentarios:

  1. O que mais me gustou desta entrada foron as fotos do final, moi melancólicas, jajaja.
    Por certo, volvo a Suecia do 18 o 22 de outubro, Estocolmo, Malmo e CPH, xa iremos concretando as fechas pero xa teño o billete e todo comprado.
    Unha aperta!!

    ResponderEliminar
  2. moi melancólico, verdade.
    ainda recordo cando lin a entrada da priemira despedida...e como pasou o tempo! parece q se vai facer eterno, pero ó final pasa en menos de anda e a cousa levase ben.
    deixoche un trociño dunha das entradas do emu blog, espero que che sirva...

    "...Ainda que sabía que despois do reencontro, das risas e a pesar das perseidas, chegaría a despedida. Pero non será longa a estancia, e farase levadeira a distancia si se mira de facerlle unha pausa en medio e de rematar o encontro cun "ata logo" ou "falamos", porque cando verdadeiramente sintes a despedida, loitarás porque esas dúas expresións non sexan palabras que leva o vento...
    E esa noite todos sabían que o cumprirían."
    http://mariavazquezrey.blogspot.com/

    bicos!

    ResponderEliminar
  3. bueno, as fotos sen dúbida, estupendas!jajaja
    e unha pena q cerres o blog!

    ResponderEliminar
  4. Que vou facer eu agora? Sinceramente, non me gusta nada como remata a entrada, bueno, o texto porque xa se ve que as fotos están para salvar o desgusto... :-P vémonos mañá?

    Sorry for the mistakes, but it seems that the teacher is running away!

    ResponderEliminar
  5. Agardamos que só sexa un ata logo, neste blog aínda nos tes moito que contar.

    Fino finísimo nas fotos! Apertas crack

    ResponderEliminar
  6. Algunha vez viches "un xurelo mordéndose o rabo"?

    ResponderEliminar
  7. comparto ideas, con Antón no de q ainda teras moito que contar, e con Borja no do xurelo...jejejeje

    ResponderEliminar
  8. Non entendo as fotos do final...en serio hai que dicilo todo Juan, non teñen nada que ver co tema non me jodas! deberías ser ti con cara melancólica fumando ou algo polo estilo non un tipo na praia...

    De tódolos xeitos, gústame que aproveitases esta derradeira entrada para facer gala de toda a latinidade que portas, sabes ben que nunca podería criticar eso.

    PD: Non sei se cando des clase este ano esas rubias mulleres buscarán por ti en google, pero se o fan e atopan esto...vai a modo eh!

    ResponderEliminar
  9. Xa sabes que eu o de fumar nada Taba... Fun e seguirei sendo toda a miña vida antifume! jaja, así que tiven que decantarme por outro rollo melancólico, dígase praia, aínda que se sei que ían dar tanto xogo as putas fotos non as poño.

    E bueno... vendo as "peticións" xa tratarei de poñer algo máis no blog entón, aínda que non sexa tan a miúdo...

    ResponderEliminar
  10. Si claro...non che mola o xogo que deron as fotos, ademais ti pensabas que a xente non ía nin mirar para elas, non é? Segue poñendo algo no blog, aínda que sexan fotos de rubias. A min e a uns cantos máis que eu coñezo válenos ben.

    ResponderEliminar
  11. jajajajaj
    q chispilla a de Alberto!
    ainda que ata a metade da 3º liña comparto a opinión!jajajajaj despois non é que non a comparta, pero o interes muda...jajajajajaja

    q che vaia ben!!

    ResponderEliminar
  12. Ni se te ocurra dejarnos ahora que nos tenias acostumbrados. Sería una pena.xxx

    ResponderEliminar
  13. Non sei se polas peticións ou por ti mesmo pero comprobo, con gusto, que o blog de Juanzinho segue activo, algo do que me alegro enormemente!
    Quizais debería lelo mais a miúdo, porque despois, o día que me poño, paso horas cara a el para ler todo o atrasado!
    Con todo, espero que sigas escribindo, porque é unha boa maneira de sentirte mais cerca :)
    Beijocas!!

    ResponderEliminar