Onte foi un día feliz. Un día importante para un amigo e polo tanto para min. Éxito que en certo xeito sinto como propio: Antón proclamouse SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA ABSOLUTO DE TRIATLÓN!
Porque tras moitos altibaixos, os éxitos que a modo de consolo lle adiantaramos que chegarían co tempo, non se fixeron esperar e viñeron en forma dun segundo posto que soubo e sabe a vitoria. E ademais, calando as bocas que no seu día lle negaron correr competicións que por méritos propios lle correspondían. Claro que si! Porque ben o mereces!
Porque é un pracer adestrar con vós e ver como facedes que os máis mediocres nos sintamos importantes, por estar sempre aí para o que precise e por moito máis; neste día de resaca deportiva, o teu día, adícoche esta entrada para que recibas deste xeito os meus parabéns! Noraboa campión!
Mediocre ti? Seica saíches humilde. jeje. Mil gracias amigo, non só por esto, por todo, xa o sabes. Xa te botamos de menos
ResponderEliminarMoitos parabéns, Antón!
ResponderEliminarJuan, que a ti dáseche mellor andar, o deporte do futuro! haha