domingo, 25 de abril de 2010

Systembolaget


Continuando coa liña iniciada na anterior entrada, dispóñome a seguir contando algún que outro detalle propio e/ou típico da cultura sueca. Desta volta: o Systembolaget.

Systembolaget é o monopolio das tendas de licores en Suecia. Son os únicos establecementos autorizados para vender ó por menor bebidas alcólicas cunha porcentaxe do mesmo superior ó 3.5%. Segundo apuntan na súa páxina web: the Systembolaget exists for one reason: to minimize alcohol-related problems by selling alcohol in a responsible way, without profit motive.

A orixe do Systembolaget data do ano 1850. Aparentemente e antes desa época, a destilación do alcol propio na maioría dos fogares suecos era unha tónica constante, co problema de alcolismo que iso conlevaba entre a poboación. Debido a este inxente consumo de alcol, o goberno decidiu comezar a regula-lo seu consumo, prohibindo esta destilación doméstica e permitindo só a súa venda en determinados puntos autorizados. Así, no ano 1870, xa había unha cadea de tendas estendida por todo o país, nas que tódolos beneficios obtidos ían parar ós petos do goberno. E así continuou ata hoxe.

O SystemBolaget réxese, entre outras, polas seguintes normas ou reglamentacións:
  • tódalas bebidas e mesmo latas de cervexa véndense de forma individual, polo que non se poderán mercar packs nin caixas das mesmas.
  • está prohibido calquera tipo de promoción, venta ou desconto (tipo 2x1, etc) en tódalas bebidas alí presentes.
  • ningún producto deberá estar desfavorecido. Así, ou tódalas bebidas están refrixeradas ou ningunha o estará (normalmente é a segunda a opción que prevalece).
  • os impostos que se aplican a cada bebida fanse, dende o ano 1950, de maneira progresiva. Así, canto máis alcol, máis impostos hai que pagar (unha botella de alta graduación pode custa-lo dobre que en España)
  • deberás ter máis de 20 anos para realizar calquera tipo de compra.
No seu interior lucen practicamente coma un supermercado normal. De feito, ó entrar mesmo podes colle-lo teu carro ou cesto. A única diferencia é que dentro só hai botellas, tetrabricks e latas de bebidas alcólicas. O horario de apertura é de 10 a 18 durante os días de semana, e de 10 a 15 os sábados. Os domingos, todos están pechados.

Así que se estás pensando en cociñar uns chourizos ó viño o domingo para sorprender ós teus comensais, máis che vale telo planexado cun par de días de antelación e ter comprado o viño no Systembolaget, pois no supermercado máis próximo de seguro que non o atoparás...

8 comentarios:

  1. Eu comprei alcol en Suecia con 17 anos... Cobráronme a botella de vozka ao doble que aquí e dixéronme que me facían un prezo da ostia...

    Suponho que non terei que explicarche como fixen, non ? jajaj

    ResponderEliminar
  2. Pero Juanzinho, ti todo eso dilo de oídas non? Porque ti a un sitio asi non tiveches que entrar nunca, verdade?

    ResponderEliminar
  3. A mi me gusta mucho lo de buscar las ofertas de alcoholes....que quieres que te diga! jaja

    Y los packs de cervezas...son clave juanzi..
    Tanta fila , tanto orden...;)

    ResponderEliminar
  4. Tu diras lo que quieras, pero aquí estamos mejor, es un punto intermedio entre Africa y Suecia. No necesitamos tanto orden porque tenemos equilibrio, cuando hace frio una queimada quente, y cuando hace calor...un pack de cervezas fresquitas, y si quieres una cola pues te haces una hora punta un sabado en el Carrefur o pillas una buena caravana playera y listo, europeizao.

    ResponderEliminar
  5. Si si...tirando bastante a África, tocándoa diría eu, porque os enreixados-cidade de Melilla e Ceuta son españolas non? E iso xa África se a miña xeografía non me falla.
    Estamos moito mellor, é verdade anónimo. Xa se nota no 20% de paro, a pandemia da corrupción na clase política, a abordaxe do país por parte de mafias de todo tipo e de todo o mundo, os problemas coa agua ou incremento xeneralizado e alarmante da delictividade. Afortunadamente por detrás vén a población infantil con maior índice de obesidade da OCDE, unhas das taxas de fracaso escolar (en torno ó 35%) das máis alta en toda Europa, unha universidade pública en crise, e unha fuga absoluta de talentos (véxase o autor do blog). Un presente magnífico e un futuro esperanzador.
    Pero seguimos sendo os que mellor vivimos porque podemos comprar un pack de cervexas no supermercado. Iso si que é avance social e civilzación evolucionada. Iso é calidade de vida.
    O que non é calidade de vida é ter cartos para ir de vacacións cando queiras a onde queiras, para poder acceder a unha vivenda ou para ter unha educación e sanidade pública e de calidade. Só por poñer algúns exemplos das desastrosas condicións de vida que os suecos e moitos europeos "sofren" a cotío.
    Anónimo, só che faltou o Arriba España para redondea-la comentario.

    ResponderEliminar
  6. Juan, imaxino que estás axudando logo a engordar as contas do Estado non? Xa vos vexo aos erasmus remando todos na mesma dirección. Cando voltas pra casa? (enténdese de vacacións, que eu xa sei que quedas ahí). Eu irei a segunda de agosto, e se podo cortar as vacacións, outra quincena en xuño. A ver se coincidimos por alí aínda que sexa unha semana.

    PD.Vaia caña que se da por eiqui!! como se non chegara cos estudios do Standard and Poor's. Desgraciadamente todo o escrito é certo, e á vez non se quere ver, ou non importa, xa non sei.

    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  7. que curioso o desta entrada!
    un coñecemento novo co que me deito hoxe!

    e como Alberto fixo unha subentrada pois tamén a comento, simplemente decir que tes toda a razón en cada unha das palabras que escribiches!

    saúdos

    ResponderEliminar
  8. Debo recoñecer que non estou moi de acordo co que montaron cos System Bolaget, pero é un mal menor. Menos ós preas, non creo que á xente lle importe demasiado, simplemente é un pouco máis difícil (e caro) conseguir alcohol.

    É curioso que o único "barato" sexa o viño. Hay botellas de bodegas españolas que custan só dous ou tres euros máis que en España.

    Totalmente de acordo con Alberto. Que ben se vive en España, din por ahí. Ata que te botan á rúa e quedas totalmente en bragas. A verdade é que África comeza en España, aquí só se protexe ao ladrón.

    Apertas!

    ResponderEliminar