domingo, 21 de marzo de 2010

Visitas


E volvín á realidade e á rutina. O aspirador e a mopa devolvíanlle á miña habitación o seu look habitual mentres eu recordaba a modo de fotogramas pasando por diante de min unha semana que abofé fora especial. Despois das visitas de Breixo, Marzoa e César (moitas grazas a todos), que cal lóstregos pasaron por aquí, era agora o turno para Borja, José Luis e Taba.

Foron 14 anos no colexio e 5 convivindo con Borja e abofé que é unha das cousas que máis boto de menos dende a miña chegada a Suecia por razóns obvias. Moitas horas xuntos pasamos durante eses anos universitarios que din inesquecibles (e que así foron). Malia ser desta volta un escenario diferente a máis de 2500km daquel López Mora 72, a convivencia baixo o mesmo teito deixou ese sabor a morriña dos vellos tempos. Grazas Borch!

O segundo de a bordo era José Luis (perdón polo descenso de rango comandante), que despois de estar en Madrid tres anos para sacar un puto carné aínda tivo que merca-lo billete de avión no canto de vir pilotando el (manda carallo...) Venezolano de nacemento, galego de corazón e madrileño de casamento (de nada José Luis) é un deses amigos que che gustaría ter cerca máis a miúdo e non vivindo na capital. Grazas a ti tamén Pepis!

Chegaron o sábado cunha semana por diante na que visitaron Lund, Malmö, Göteborg e Helsinborg en Suecia; e Helsingör e Copenague en Dinamarca, con algunha que outra festa intercalada in between que lles permitiu empaparse da vida Erasmus (creo que xa están máis ca convencidos de pedir cadanseu intercambio...)

E o venres chegou Taba, ese gran xenio e mellor persoa procedente de Suíza; outro gran amigo do meu paso pola universidade. Unha persoa coa que é imposible aburrirse porque se pode falar con el de calquera cousa (un pouco toca-collóns ó falar de fútbol pero bueno..) Sei que non che gustan estas mariconadas Taba... pero grazas por todo a ti tamén!

Os catro pasámo-lo venres xuntos en Copenague, e o sábado á mañá Pepis e Borja regresaron para a casa de empatada (como ten que ser!) O resto da fin de semana Taba e máis eu visitamos Malmö e Lund. O domingo, volvín quedar só...

Moitas gracias ós 3 pola visita!


Agora é o turno de meus pais, que chegarán o luns 29 e estarán aquí toda a Semana Santa.

4 comentarios:

  1. Joer johnny, póstenos todo sentimental... estás hormonando? Non te darán agarimos as rubias

    Taba "gran xenio e mellor persoa", así que roubando cargadores? As sospeitas recaeron na miña persoa sen presunción de inocencia...

    Foi unha gran semana porco, por aquí tamén se te bota en falta. Pensa o do camiño!

    PD: vexo que tes unha fan número un...

    ResponderEliminar
  2. Ey Borch, que eu tamén fun sospeitoso de roubar o cargador cando nin se parece o meu, o querido iPhone de Juan...

    35km xa me fixen o domingo na bici, aínda ai que mellorar. Juan conto contigo.

    Gracias pola semana tio, xa teño ganas de volver

    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Si, roubei o cargador e non sabía que os vikingos non gastaban € como deberan zafando as túas coroas, claro que si, eso é ser un xenio e o resto son caralladas.

    Así que en xeral as grazas hai que darchas a ti. Xa che dixen que coincidiremos pronto
    Unha aperta!

    ResponderEliminar