jueves, 18 de marzo de 2010

Babysitter


A historia que estou a piques de contar é sen dúbida unha das máis pintorescas, surrealistas e curiosas que me ten pasado durante a miña vida universitaria nestes últimos 5 anos. Ó igual que sempre que conto algo que ten lugar na facultade, todo aconteceu no corredor do cuarto andar do departamento cando me dispuña a tomar café ás 10 da mañá. De súpeto, a miña examinadora achégase a min e dime:

-Can I ask you a personal favour?
-Sure!
-Would you mind to take care of my son during one night? I have a really important meeting in Berlin, and his babysitter will not be able to make it, so... I have no choice. It's too late to fix something else.

Tras uns segundos de incredulidade nos que non vin escapatoria posible ó asunto... dixen que si! E que podía contestar eu?

---

E aquí estou agora, escribindo esta entrada no salón da casa dunha profesora da universidade despois de recollerlle ó fillo na escola ás 5, facerlle de cear e metelo na cama ás 8 da tarde. Mañá toca erguerse ás 6 e media para levalo ó colexio.

Chámase Mateo e ten 8 anos. Nin que dicir ten que o cativo fala inglés mellor ca min (vai a un colexio internacional) e que é "ghieiro coma el só". Tras unhas partidas á Wii e unha cea lixeira, pedinlle que se duchara para ir para a cama e sen nin a mínima protesta alá foi el soíño.

Unha vez máis... este país non deixa de sorprenderme...

PD: A profesora non está boa, aforrádevos comentarios por favor.

5 comentarios:

  1. jejejejeje
    ese P.D. ...
    jajajajajaja

    pois mira, unha faceta máis e unha nova experiencia vital!!
    todo magnífico!

    un bico

    ResponderEliminar
  2. Joder Juan, facía tempo que non lía o blog, e hoxe déchesme traballo, escribiches unhas cantas entradas xa. O de facer a cea, non sei quen lla faría a quen, pero bueno, confiarei nas túas aptitudes domésticas. Que tal todo por ahi? Espero que ben, xa lin que tamen chegou a primaveira. Por eiqui esta semana rozamos os 20 grados! A ver se sigue así. Unha aperta!

    ResponderEliminar
  3. JAJA, que grande...xa tes algo mais que poñer no cv....a ver se para a próxima che piden que fagas de pornochacha...

    unha aperta

    ResponderEliminar
  4. manda carallo...tiñas que mentir sobre o buena que estaba a nai...carnaza!!!

    ResponderEliminar
  5. Bueno, bueno...

    Xa ves que a túa experiencia alá non se queda só no puramente universitario...

    Boto de menos ese país. Sorte que tes, carallo!

    Apertas!

    ResponderEliminar