lunes, 13 de diciembre de 2010

It's been a lot going on lately...


... por iso tardei tanto en escribir unha nova entrada. A verdade é que si, ultimamente estiven algo ocupado e non atopaba o momento idóneo para escribir algo. Non estou dicindo que este o sexa tampouco; pero digamos que é o menos malo. Por iso aproveito o tempo entre conversación e conversación de skype para escribir unhas verbas...

E entre esa morea de traballo digo que teño (seguramente non sexa para tanto e me estea queixando de vicio) atópase a tarea de dar clase. Unha nova experiencia que xa iniciara o ano pasado dun xeito un pouco máis light e que agora exerzo de forma máis ou menos continuada.

Puxéronme ó cargo das clases de prácticas da asignatura Building Acoustics do 4º curso de enxeñería civil. A miña tarea á basicamente chegar á clase e explicar un pouco a base teórica dos exercicios que van a facer para que logo eles procedan á resolución dos mesmos mentres eu respondo ás súas dúbidas tanto na clase como posteriormente nas titorías (se é que sei).

O primeiro día, e acompañado polo habitual medo escénico que sorprendentemente desapareceu ós poucos intres, pedín perdón por non poder explicar en sueco (I'm getting there -puntualicei-) e comecei a clase. Puiden ver nas súas facianas (a xulgar por min moitas delas delataban idades maiores á miña) xestos de aprobación que me encheron de orgullo...

Podo afirmar que ata agora esta é unha das partes do doutoramento que máis me está a gustar... Aquí deixo unhas fotos que tomei ó remate dunha clase sobre unha das explicacións que escribín no "whiteboard"...

5 comentarios:

  1. que grande! Como me gustaría poder verte "en acción". Abofé que quedarían contentos sabendo como te implicas. Apertas

    ResponderEliminar
  2. Cantas "whiteboards" escribiches? Un día voume coar para verte en acción...

    ResponderEliminar
  3. Son autenticos apuntes Juanzinho, pero no whiteboard!
    Como carallo consegues a misma letra ai que no papel? A min so me salen garabullos...

    A ver se nos vemos en Nadal!

    Apertas!

    ResponderEliminar
  4. ahora que tus apuntes circulan por las manos de todos los futuros ingenieros industriales de vigo decides una hacer una nueva edicion revisada y traducida para los suecos,!!manda carrallo ti non paras nunca ou q!!
    suerte,y apiadate de los malos alumnos

    ResponderEliminar