miércoles, 10 de noviembre de 2010

Santiago


E como prometín; este ano non ía ser coma o pasado onde case non voltei á casa en todo o curso. Así que, tras dous meses fóra, xa eran horas de repoñer baterías cunha dose de familia e amigos.

A verdade é que os seis días que pasei alá deron para máis do que nun principio se podía agardar. E é que en certo xeito a distancia fai que cada vez que voltas á casa todo se viva máis intensamente e se disfrute aínda máis se cabe.

E unha vez máis doume conta do tesouro que teño alá e que a modo de reliquia vai collendo máis valor a medida que pasa o tempo. A alegría de te-la mellor familia e os mellores amigos do mundo que teñen a habilidade de facerme sentir tan preto deles coma nunca e recordarme que nada cambia a pesar da distancia non se pode expresar con palabras...

Na miña parede colgan dende a miña volta a Suecia tres papeis. Tres follas que poucas veces antes significaran tanto. Nelas, os meus amigos escribiron mensaxes personais para min simulando o muro do Facebook. Un regalo para sempre que abofé me axudará a sobrepoñerme dalgunha que outra adversidade que se poida presentar ó lelo. Porque vós tamén estades en todo momento aquí comigo! Gracias!

Tamén houbo tempo para un sábado de Paintball, e unha festa a "golpe de domingo" onde me entregaron o devandito regalo así como o mono de triatlón co que Antón compite no seu equipo francés e que por suposto tiven que probar xunto con algún que outro complemento...
Gracias! Moitas gracias!

2 comentarios:

  1. Vaia fotón! Canta claro canto tiveches que buscar para ter unha asi de boa (e de presentable) :)

    ResponderEliminar
  2. eu prefería a q saes cos meus tacóns e un cocheciño de xoguete..;)
    cando voltes por nadal montamos outra así, ti es a peza q falta:)
    olaia

    ResponderEliminar