martes, 2 de noviembre de 2010

NSCM 23


Cheguei o martes 19 de Aalborg ás 8 da tarde e xa sen apenas desempacar collín outro avión ó día seguinte ás 12 da mañá desta volta cara Estocolmo. O "23rd Nordic Seminar of Computational Mechanics -NSCM-" suporía o meu "debú" como conferenciante.

Envolto no medo escénico habitual nestes casos saltei á palestra dende onde puiden albiscar unha manchea de oíntes atentos a todas e cada unha das miñas palabras. Sorprendentemente os nervios fóronse coas primeiras verbas para non volver máis ata a rolda de preguntas, onde a amabilidade das cuestións formuladas maioritariamente por professors mesturada coa sorte de saber responder ó que querían serviron como peche á miña intervención xunto cun fondo aplauso.

E así foi a miña primeira actuación como conferenciante que rematou cunha fin de semana en Estocolmo na compaña de Peter, que tamén fora a presentar un dos seus traballos á devandita conferencia. Esperemos que sexa a primeira de moitas!

1 comentario: