domingo, 24 de octubre de 2010

Aalborg


Cheguei só ó aeroporto e sen saber moi ben aínda a ónde me dirixía metinme no primeiro autobús que me levaba ó centro da cidade. Unha vez alí, preguntei e, sen moito convencemento fixen un transbordo que me levou ás aforas da cidade onde se supoñía que me tiña que hospedar.

- "This is the last stop mate!" -dixo o conductor-

Puiden observar que pese á súa boa intención tratando de axudarme non tiña nin a mínima idea de ónde se atopaba o que eu buscaba.

-"That's alright sir! Don't you worry! I will hoop off here and I will hopefully manage to find the place myself".

Baixei do autobús e tentando á sorte timbrei na primeira casa que atopei:

-"Excuse me sir, good evening! I am looking for a place called Nymarksminde. If I am not mistaken I think It is a farmhouse and It should be close by..." -dixen dubitativo-

-"Well, It is quite far from here. About 4 km more or less. But... wait there! I will give you a lift" -dixo sen pensalo-

Alí me metín naquel coche asombrado de novo pola amabilidade escandinava e tras unha amena charla xa estaba alí!

---

Dentro esperábame Clauss, un estudiante de doutoramento belga da miña idade que tamén viña a toma-lo curso ó que eu ía asistir: "Analysis of wave propagation in solids and structures". A miña titora considerou adecuado que fixera este curso e mandoume á bonita cidade de Aalborg (Dinamarca) durante 12 días. Outra experiencia...

Comezamos a falar e a contarnos as nosas vidas e, tras meternos na cama chegou a terceira en discordia: Nadiya, unha rapaza de Kazajistán afincada en San Petesburgo dende hai 6 anos e tamén da nosa idade. Presentación rápida e para a cama que o curso comezaba ó día seguinte.

---

Foron 12 días de convivencia 24/7 que superaron tódalas miñas expectativas. Xente á que abofé non esquecerei tras compartir con eles horas de estudio, turismo, bromas, aulas, etc. A granxa na que nos hospedamos resultou ser ó final o lugar idóneo para relaxarse, traballar e facer piña como así pretendían os organizadores do curso.

Sen dúbida outra boa experiencia para non esquecer!
Curiosamente había na granxa un campo con 18 buracos de "Futgolf":
E piscina...
Os amenceres indescriptibles como podedes observar nas fotos...
E para os que aínda esteades dubidando... SI! tamén traballamos!

2 comentarios:

  1. jajaja, que grande Juanzinho. Agora, por se tes dúbidas, a chincheta sería do país de orixe, podería ser a máis difícil das posuídas ata agora :)

    ResponderEliminar
  2. Dirás que tes moitos exercicios para facer pero pena ningunha eh! Máis que un curso parece que che fuches de campamentos!

    ResponderEliminar