jueves, 3 de febrero de 2011

Ski


Trala volta de nadal e intentando adaptarme de novo, non sen dificultade, á vida sueca, tocou desta volta probar unha nova experiencia: esquiar!

O 15 de xaneiro, xuntámonos 7 amigos e dirixímonos a Vallåsen, un complexo situado ó norte de Skåne, aproximadamente a 120 km de Malmö. Aínda non sendo, en palabras dos meus acompañantes xa expertos, un dos mellores lugares debido ó reducido número de pistas e á súa dificultade (non moi alta), para min resultou unha experiencia moi divertida que sen dúbida espero repetir cada inverno. Aquí deixo unha foto e un vídeo no que podedes ve-los meus progresos dun día no que ó comezo non me tiña nin de pé e ó final xa podía polo menos facer algo...

4 comentarios:

  1. Jajaja qué grande! Ti colles a directa! Peligro! Baixando facendo schuss toda a pista, a verdade é que podías facelo ben porque pendente pouca! :P

    Advice: para facer técnicamente ben o schuss, tes que poñer os cóbados diante dos xeonllos.

    ResponderEliminar
  2. Mecagho en tal, un ovni esquiador!
    Menos mal que era a primeira vez na túa vida, a segunda xa lle mandas un bós saltos se ves que tal. jeje.

    ResponderEliminar
  3. O de esquiar xa sabía eu que che gustaba/ía gustar

    ResponderEliminar
  4. Arre demo!! pa ser a 1º vez...ben que lle das!!!
    Dousvos aos primos por ir esquiar este ano, eh!!Hai que decirlle a Cris que poñas as súas experiencias...jejeje
    un bico!

    ResponderEliminar