jueves, 3 de febrero de 2011

Ski


Trala volta de nadal e intentando adaptarme de novo, non sen dificultade, á vida sueca, tocou desta volta probar unha nova experiencia: esquiar!

O 15 de xaneiro, xuntámonos 7 amigos e dirixímonos a Vallåsen, un complexo situado ó norte de Skåne, aproximadamente a 120 km de Malmö. Aínda non sendo, en palabras dos meus acompañantes xa expertos, un dos mellores lugares debido ó reducido número de pistas e á súa dificultade (non moi alta), para min resultou unha experiencia moi divertida que sen dúbida espero repetir cada inverno. Aquí deixo unha foto e un vídeo no que podedes ve-los meus progresos dun día no que ó comezo non me tiña nin de pé e ó final xa podía polo menos facer algo...