... por iso tardei tanto en escribir unha nova entrada. A verdade é que si, ultimamente estiven algo ocupado e non atopaba o momento idóneo para escribir algo. Non estou dicindo que este o sexa tampouco; pero digamos que é o menos malo. Por iso aproveito o tempo entre conversación e conversación de skype para escribir unhas verbas...
E entre esa morea de traballo digo que teño (seguramente non sexa para tanto e me estea queixando de vicio) atópase a tarea de dar clase. Unha nova experiencia que xa iniciara o ano pasado dun xeito un pouco máis light e que agora exerzo de forma máis ou menos continuada.
Puxéronme ó cargo das clases de prácticas da asignatura Building Acoustics do 4º curso de enxeñería civil. A miña tarea á basicamente chegar á clase e explicar un pouco a base teórica dos exercicios que van a facer para que logo eles procedan á resolución dos mesmos mentres eu respondo ás súas dúbidas tanto na clase como posteriormente nas titorías (se é que sei).
O primeiro día, e acompañado polo habitual medo escénico que sorprendentemente desapareceu ós poucos intres, pedín perdón por non poder explicar en sueco (I'm getting there -puntualicei-) e comecei a clase. Puiden ver nas súas facianas (a xulgar por min moitas delas delataban idades maiores á miña) xestos de aprobación que me encheron de orgullo...
Podo afirmar que ata agora esta é unha das partes do doutoramento que máis me está a gustar... Aquí deixo unhas fotos que tomei ó remate dunha clase sobre unha das explicacións que escribín no "whiteboard"...