lunes, 20 de septiembre de 2010

En utflykt på österlen


Coincidindo coa visita sempre reconfortante de Alberto e a modo de despedida; os nosos amigos suecos Daniel e David leváronnos nunha tarde de domingo a facer unha excursión pola parte leste de Skåne (en utflykt på österlen).

A nosa primeira parada foi o monumento megalítico de Ale Stenar. Paisaxe verde e idílica por momentos similiar á da terriña como podedes observar nas fotografías. Posteriormente dirixímonos a Ystad, o municipio máis meridional de Suecia para pasear polas súas rúas antes de dirixirnos á casa dos pais de Daniel, onde disfrutamos dunha deliciosa cea sueca con comida a esgalla. Abofé que un moi bo día para recordar en compaña de xente que realmente aprecio.

Tack så mycket för utflykten mina vänner (moitas gracias pola excursión amigos).

2 comentarios:

  1. É sacarvos da cidade e veña a facer o animal! Fermosa paisaxe dende logo, e mellor compañía (para que vexas que non só se utiliza ese termo en caso de femias) jeje

    ResponderEliminar